Os picanzos son aves paseriformes que conforman a familia dos Laniidae (lánidos, ou respectando o étimo latino, laníidos). Son coñecidos polos seus hábitos de cazar insectos, pequenas aves ou mamíferos e penduralos seus corpos en talos espiñentos. Isto axúdaos a esnaquizar a carne en anacos máis convenientes e sérvelles para amorear a comida para logo volver e servirse de novo. O peteiro do picanzo típico é ganchudo como o dunha ave de presa, reflectindo a súa natureza depredadora.
A maioría das especies viven en Eurasia e África, habendo dúas especies que se reproducen en América do Norte. Os membros desta familia non existen en Suramérica nin en Australia.
Algúns picanzos son coñecidos como "paxaros carniceiros" polo seu costume de pendurar corpos de insectos ou de pequenos vertebrados.
Taxonomía miniatura|240px|Lagarta pendurada nun espiño por un picanzo na illa de Lanzarote. Descrición A familia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque,Laniidae Rafinesque, 1815 no ITIS. na páxina 67 da súa obra, publicada en Palermo, Analyse de la nature, ou tableau de l’univers et des corps organisés, na cal intentou elaborar un novo sistema de clasificación biolóxica.
Etimoloxía Para darlle nome á familia, Laniidae, Rafinesque escolleu nome do xénero tipo, Lanius, engadíndole o sufixo do latín científico -ĭdae, co que se forman as nomes das familias de animais, que Linneo tomara do substantivo do latín clásico lanius, -ii, que significa 'carniceiro', tomando, quizais, como modelo a expresión pendere ad lanium, 'estar pendurada (a carne) na carnizaría'.
Xéneros Na familia recoñécense os catro xéneros seguintes:Laniidae na EOL.Laniidae no GBIF. Laniidae Rafinesque, 1815 Corvinella Lesson, 1831 Eurocephalus A. Smith, 1836 Lanius Linnaeus, 1758 Urolestes Cabanis, 1850
Especies
Lanius bucephalus Lanius cabanisi Lanius collaris Lanius collurio Lanius cristatus Lanius dorsalis Lanius excubitor Lanius excubitoroides Lanius gubernator Lanius isabellinus Lanius ludovicianus Lanius mackinnoni Lanius marwitzi Lanius meridionalis Lanius minor Lanius newtoni Lanius nubicus Lanius schach Lanius senator Lanius somalicus Lanius souzae Lanius sphenocercus Lanius tephronotus Lanius tigrinus Lanius validirostris Lanius vittatus Corvinella corvina Eurocephalus anguitimens Eurocephalus rueppelli Urolestes melanoleucus
Nota taxonómica As familias dos Prionopidae e dos Malaconotidae teñen unha relación bastante próxima cos Laniidae, e no pasado os seus membros incluíanse nesta familia.
Galería
En Galicia En Galicia atópanse as seguintes especies pertencentes á familia dos Laniidae: Nome científicoPenas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2005): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-406-2. Nome común Imaxe Presenza Status en Galicia FamiliaLanius collurio Picanzo vermellocentro|200x200px Estival pouco comúncentro|200px Lánidos Lanius excubitorPicanzo do nortecentro|200x200pxRaro - Lánidos Lanius isabellinusPicanzo isabelinocentro|200x200px Accidental, rareza - LánidosLanius meridionalisPicanzo realcentro|200x200px Sedentario escaso con invernantes centro|200pxLánidos Lanius minorPicanzo pequenoConde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas" Chioglossa 1: 121-138.centro|200x200px Accidental - Lánidos Lanius senator Picanzo de cabeza rubiacentro|200x200px Estival escaso centro|200px Lánidos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Núñez Xestoso, Manuel (1985): As familias da avifauna galega. Tui: Gráficas Lomba. ISBN 84-3984-717-3. Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas" Chioglossa 1: 121-138. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2005): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-406-2. Harris, Tony (2000): Shrikes and Bush-Shrikes. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 0-6910-7036-9. Lefranc, Norbert (1997): Shrikes: A Guide to the Shrikes of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7336-4.
Outros artigos Paseriformes Corvida Corvoideos
Ligazóns externas Laniidae na EOL. Vídeos de laníidos na Internet Bird Collection