miniatura|dereita|250px|Sistema horizontal de coordenadas. miniatura|dereita|250px|Sistema ecuatorial de coordenadas. miniatura|dereita|250px|Sistema ecuatorial de coordenadas para un observador na Terra. As coordenadas celestiais son o conxunto de valores que, dentro dun determinado sistema de referencia, sinalan a posición dun obxecto na esfera celeste. Existen diversos sistemas de coordenadas celestes segundo cal sexa a súa orixe e plano de referencia. Unha primeira clasificación, atende a se se trata de coordenadas cartesianas ou coordenadas esféricas.
Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido
A.- Sistemas de coordenadas cartesianas
Nas coordenadas rectangulares ou cartesianas tómanse tres eixes -x, y, z- perpendiculares entre si, que se cruzan no punto orixe, podendo ser este o Sol (Coordenadas heliocéntricas) ou a Terra (Coordenadas xeocéntricas). Por exemplo un punto P (x,y,z). emprégase nalgúns casos para o Sistema Solar. A unidade e a Unidade astronómica UA ou tamén o km.
B.- Sistemas de coordenadas esféricas As coordenadas esféricas empréganse para superficies esféricas -a esfera celeste, a superficie dun planeta Para situar un punto fan falla dous ángulos e unha distancia. Por exemplo o punto que forma un ángulo co eixe X e un ángulo co eixo Z, relacionase con coordenadas cartesianas:
A meirande parte das coordenadas celestiais son coordenadas esféricas.
En Astronomía a posición dun astro determínase de xeito ordinario usando coordenadas polares ou esféricas. De tódolos xeitos dado que en principio a distancia r é descoñecida, só nos preocupará a dirección OP do astro, determinable con dúas coordenadas. O que se fai e proxectar tódolos astros enriba duna esfera de raio arbitrario, denomina esfera celeste. Tal esfera está centrada no observador. Na realidade, o observador prescinde das irregularidades topográficas e só ve unha semiesfera celeste, limitada polo plano que pasa ao pé do observador e que corta a esfera celeste nun círculo chamado horizonte.
Clasificación segundo a posición do observador
Coordenadas topocéntricas: O centro e o propio observador. Coordenadas xeocéntricas: Centradas no centro da Terra. Coordenadas heliocéntricas: O centro e o centro do Sol. Coordenadas baricéntricas: O centro e o centro de masas do Sistema Solar. Coordenadas galácticas: O centro e o centro da Vía Láctea que dende a nosa posición na galaxia, atópase na constelación de Saxitario.
Atendendo a se os seus valores dependen ou non da posición do observador, clasifícanse en: Coordenadas locais: Coordenadas horizontais e Coordenadas horarias Coordenadas non locais: Coordenadas ecuatoriais, Coordenadas eclípticas, Coordenadas galácticas
Clasificación segundo o plano de referencia dereita|350px Considerando o plano de referencia: Coordenadas horizontais: Plano de referencia: o horizonte do observador Orixe: topocéntrica Coordenadas: acimut e altura ou distancia cenital
Coordenadas horarias: Plano de referencia: o ecuador celeste e o meridiano celeste do observador Orixe: topocéntrica Coordenadas: ángulo horario e declinación
Coordenadas ecuatoriais: Plano de referencia: o ecuador celeste Orixe: xeocéntrica Coordenadas: ascensión recta e declinación
Coordenadas eclípticas: Plano de referencia: a eclíptica Orixe: xeocéntrica ou heliocéntrica Coordenadas: lonxitude celeste e latitude celeste, ou lonxitude e latitude eclípticas
Coordenadas galácticas: Plano de referencia: o plano da Vía Láctea Orixe: o centro da Vía Láctea Coordenadas: lonxitude galáctica e latitude galáctica
Medida de ángulos
Os ángulos mídense en radiáns ou graos, ademais en astronomía tamén se miden en horas. Un ángulo de 1 hora ten 15º. O ángulo horario e a ascensión recta poderíanse medir en graos pero mídense en horas.
Os seus divisores son: 1 hora = 60 Minutos (min)
1 Minuto = 60 segundos 1 min = 60 s
Unha relación práctica e a equivalencia 1 º = 4 Minutos.
A Ascensión recta e un ángulo que se mide en horas, minutos e segundos.
Así AR=3 h 25 min 13 s = 3,4202777... h= 51,304166..º =51 º 18 ' 15 "
Conversión de coordenadas A conversión de coordenadas celestes permite pasar dunhas coordenadas a outras p. ex. de eclípticas a ecuatoriais, ou pasar de ecuatoriais a horarias, as conversións sucesivas permiten calquera transformación entre coordenadas. Chegado o caso se un día observamos un obxecto en coordenadas horizontais, anotamos a nosa posición na Terra e o lapso temporal podemos chegar ata as coordenadas ecuatoriais ou eclípticas correspondentes. Nas seguintes fórmulas, os grupos formados por tres formulacións deben terse plenamente en conta as tres (non só 2 fórmulas de 3).
Coordenadas horizontais a coordenadas horarias Coñecendo os valores: Z do acimut e h da altura, a δ da declinación e o ángulo horario AH pódense obter a través das fórmulas:
onde o ángulo φ representa a latitude do lugar de observación astronómica.
Coordenadas horarias a coordenadas horizontais Coñecidos os valores: AH do ángulo horario e δ da declinación, a h da altura e a Z do acimut poden ser obtidas a través das fórmulas:
onde o ángulo φ representa a latitude astronómica do lugar de observación.
Coordenadas horarias a coordenadas ecuatoriais Coñecidos os valores AH do ángulo horario, e δ da declinación, a α da ascensión recta pódese obter (a declinación segue a ser a mesma):
onde T e o tempo sideral no momento da observación.
Coordenadas ecuatoriais a coordenadas horarias Coñecidos os valores da ascensión recta α,e o δ da declinación, o ángulo horario AH pódese obter (a declinación segue a ser a mesma):
onde T e o tempo sideral no momento da observación.
Coordenadas ecuatoriais a coordenadas eclípticas Coñecido o valor α da ascensión recta, e o δ da declinación, as coordenadas eclípticas ß (latitude) e λ (lonxitude) pódense obter:
onde ε = 23.439281 ° representa a oblicuidade da eclíptica, isto é, o ángulo do plano do ecuador co plano da órbita terrestre arredor do sol.
Coordenadas eclípticas a coordenadas ecuatoriais Coñecidos os valores respectivos de λ e ß da lonxitude e da latitude da eclíptica, o δ da declinación e o α da ascensión recta pódense obter:
onde ε = 23.439281 ° representa a oblicuidade da eclíptica, isto e, o ángulo do plano do ecuador co plano da órbita terrestre arredor do sol.
Véxase tamén
Outros artigos Sistema de coordenadas
Categoría:Astronomía Categoría:Cartografía Categoría:Navegación