"1979" é unha canción da banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Foi editada en 1996 coma segundo sinxelo do seu álbum Mellon Collie and the Infinite Sadness O tema foi composto polo líder da banda Billy Corgan. Foi nomeado a dous premios Grammy e gañou o premio "mellor video alternativo" dos MTV Video Music Awards en 1996.

A canción aparece tamén no box set da banda The Aeroplane Flies High e no recompilatorio de grandes éxitos Rotten Apples.

Lista de cancións Sinxelo "1979" (Billy Corgan) "Ugly" (Corgan) "The Boy" (James Iha) "Cherry" (Corgan) "Believe" (James Iha) "Set The Ray to Jerry" (Corgan)

1979 Mixes "Vocal Mix" "Instrumental Mix" "Moby Mix" "Cement Mix"

Os temas 1, 2 e 4 están remesturados por Roli Mosimann, e o 3 por Moby.

Categoría:Sinxelos de 1996 Categoría:Cancións de The Smashing Pumpkins Categoría:Composicións musicais de rock alternativo