António Agostinho Neto, nado en Catete, Icolo e Bengo, Angola, o 17 de setembro de 1922 e finado en Moscova o 10 de setembro de 1979, foi un político e escritor angolano e o primeiro presidente de Angola, entre 1975 e 1979.
Traxectoria Converteuse nunha figura prominente na década de 1940 dentro dos movementos nacionalistas angolanos, ao tempo que estudaba medicina en Lisboa. Á súa volta a Angola, logo de se doutorar, converteuse axiña nunha figura problemática pola súa oposición ao goberno colonial, que o arrestou, aínda que conseguiu escapar a Marrocos, onde se converteu nun dos líderes da resistencia angolana no exilio.
Foi un dos primeiros membros do Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA) e asumiu a presidencia de Angola o 11 de novembro de 1975 cando Angola obtivo a independencia.
Obra literaria Poesía 1957 - Quatro Poemas de Agostinho Neto, Póvoa do Varzim, e.a. 1961 - Poemas, Lisboa, Casa dos Estudantes do Império 1974 - Sagrada Esperança, Lisboa, Sá da Costa (inclúe os poemas dos dous primeiros libros) 1982 - A Renúncia Impossível, Luanda, INALD (edición póstuma)
Política 1974 - Quem é o inimigo... qual é o nosso objectivo? 1976 - Destruir o velho para construir o novo 1980 - Ainda o meu sonho
Véxase tamén
Presidente de Angola Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA)
Categoría:Presidentes de Angola Categoría:Escritores de Angola Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Nados na provincia de Bengo Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Premio Lenin