William Theodore Walton III, nado en La Mesa (California) o 5 de novembro de 1952 e finado en San Diego, California o 27 de maio de 2024, máis coñecido como Bill Walton foi un xogador de baloncesto estadounidense, que destacou na NBA nas décadas dos 70 e os 80. Con 2,11 metros de estatura, xogaba na posición de pivote. Era alcumado "The Big Red Head" (o gran rubio), dada a súa estatura e a súa característica cor de pelo. É o pai do actual xogador de Los Angeles Lakers, Luke Walton.Bill Walton keeping in touch with son Luke Pasou a pertencer ao prestixioso Basketball Hall of Fame o 10 de maio de 1993.
Traxectoria deportiva Selección dos Estados Unidos Antes mesmo de comezar a súa etapa universitaria, con tan só 17 anos, foi convocado pola selección dos Estados Unidos para disputar o Campionato Mundial de Baloncesto de 1970, no que acabarían na quinta posición.
Universidade Walton xogou os seus anos universitarios, entre 1972 e 1974, cos Bruins da prestixiosa Universidade de California nos Ánxeles (UCLA), dirixida naquel momento por John Wooden. Conseguiu o título nacional ao derrotar a Florida State en 1972 e de novo en 1973 ao derrotar a Memphis State por 87-76, nunha final na cal Walton conseguiu un impresionante 21 de 22 lanzamentos a canastra anotados, logrando 44 puntos.
O equipo de UCLA da tempada 1971-72, liderado por Walton, foi capaz de terminar o ano de forma perfecta, gañando os trinta partidos que disputaron na fase regular, ademais cunha marxe de puntos superior aos 30. Este feito repetiríase ao ano seguinte, logrando o récord de máis partidos gañados consecutivamente por un equipo universitario, con 88. Casualmente, exceptuando a derrota sufrida ante Notre Dáme o 19 de xaneiro de 1974, os Bruins lograron 133 vitorias consecutivas, xa que previamente á chegada de Walton ao equipo, conseguiron, liderados por Sidney Wicks, encarrilar 45 vitorias consecutivas. Pero os Fighting Irish, cun gran Austin Carr, evitaron que o récord fose máis impresionante. Walton sempre lembraría aquela derrota como a máis dolorosa da súa carreira deportiva.All Too Perfect En 1973 recibiu o premio James E. Sullivan ao mellor deportista afeccionado dos Estados Unidos. Ese mesmo ano foi galardoado tamén co Premio Naismith ao mellor xogador universitario do ano.
NBA Portland Trail Blazers (1974-1978) A súa traxectoria na NBA estivo marcada polas lesións, que lle impediron destacar aínda máis. Foi elixido polos Portland Trail Blazers na primeira posición do Draft da NBA de 1974, pero pasou os seus dúas primeiras tempadas lastrado polas súas lesións (chegou a fracturar o pulso, o pé, o nariz e a perna), o que fixo que se perdese máis da metade dos partidos neses dous primeiros anos. Comezou a despuntar na tempada 1976-77, na que foi seleccionado para o All-Star Game (que non disputou debido a unha nova lesión) e acabou a tempada regular sendo incluído no Mellor Quinteto Defensivo e no Segundo Mellor Quinteto da NBA. Nos playoffs, liderou ao seu equipo na consecución do título da Conferencia Oeste tras varrer aos Lakers na final, tras unha lembrada defensa sobre a estrela do equipo anxelino, Kareem Abdul-Jabbar. Nas Finais da NBA derrotaron aos favoritos Philadelphia 76ers, a pesar de perder os dous primeiros partidos, por 4 a 2, sendo nomeado MVP das Finais.
Ao ano seguinte os Blazers gañaron 50 dos seus 60 primeiros partidos antes de que, novamente, Walton caese lesionado no pé. Aínda así, foi galardoado co título de MVP da tempada, sendo incluído de novo no Mellor quinteto defensivo e o o Mellor quinteto da liga por primeira vez. Ademais xogou o seu único All Star, no que conseguiu 15 puntos e capturou 10 rebotes. Regresou trala lesión nos playoffs, pero volveu recaer no segundo partido da serie ante Seattle SuperSonics, deixando ao seu equipo mirmado, perdendo en seis partidos. Ao termo da tempada pediu ser traspasado, denunciando un mal trato por parte do equipo cara aos lesionados, pero non conseguiu os seus desexos, polo que se pasou a tempada 1978-79 en branco, e asinando na tempada 1979-80, xa como axente libre, por San Diego Clippers.
San Diego/Los Angeles Clippers (1979-1985) Portland recibiu a cambio ao aleiro Kermit Washington, ao pivote Kevin Kunnert, unha primeira rolda do draft e 350.000 dólares, algo que foi moi mal visto polos xogadores dos Clippers e por gran parte da afección, tendo en conta a cantidade de lesións que arrastraba o xogador. Ademais, conseguiu un contrato récord naquela época de sete millóns de dólares anuais.Bill Walton Bio As lesións, con todo, seguiron aí. Tras xogar unicamente catorce partidos da tempada 1979-80, e tendo unha media de 13,9 puntos e 9 rebotes por partido, volveu fracturarse o escafoide. Foron os únicos partidos que xogaría en dúas longas tempadas, nas que o seu equipo logrou apenas 36 e 17 vitorias respectivamente, o que fixo que varios compañeiros do equipo, entre eles World B. Free, acusáseno de finxir as lesións. Nas súas catro primeiras tempadas, apenas puido disputar 47 partidos.
Determinado a volverse a vestir de curto, a pesar de que os doutores dixeron que non volvería xogar, someteuse a unha radical cirurxía para refacer o seu maltreito pé. Walton aproveitou o tempo de recuperación para sacarse a carreira de dereito na Universidade Stanford, practicando volei praia, tenis e ciclismo, en ocasións co seu amigo Mickey Hart, batería dos Grateful Dead (mesmo chegou a tocar a batería nun concerto en Exipto cos Dead). A operación funcionou. Walton, con 29 anos, regresou ás pistas na tempada 1982-83, xogando só un partido semanal, que era o único que lle permitiu o equipo médico que o tratou (este tipo de acordo tiña un precedente dentro da liga, cando Elgin Baylor acordou xogar só unha vez por semana mentres servía na reserva do exército). En 33 partidos cos Clippers tivo unha media de 14,1 puntos por partido, a súa cuarta mellor marca de toda a súa carreira, anotando un 52,8% de tiros de campo. Xogou por fin sen dor algunha por primeira vez na súa carreira, e parecía estar máis feliz que nunca.
Tanto Walton como os Clippers melloraron nos dous seguintes anos. Walton xogou 55 partidos na tempada 1983-84 e 67 na 1984-85, gañando o seu equipo 30 e 31 partidos respectivamente. Con trinta e dous anos e vendo que o seu corpo non aguantaría moito máis, marcouse o obxectivo de gañar títulos nalgún dos grandes equipos do momento. Ao terminar a tempada, os dous grandes equipos da década dos 80 chamaron ás súas portas: os Lakers e Boston Celtics. Despois de que varios xogadores deste último equipo declarasen que lles gustaría contar cun xogador como Walton para reforzar o xogo dos homes altos do equipo, Robert Parish e Kevin McHale, o presidente do equipo, Red Auerbach, accedeu aos seus desexos: traspasou aos Clippers a Cedric Maxwell e unha primeira rolda do draft a cambio do gran rubio. Por fin os seus soños fixéronse realidade: xogar nos Celtics, un anhelo que tiña desde pequeno, e ter opcións de gañar un anel de campión.
Boston Celtics (1985-1987) Walton xogou oitenta partidos na tempada 1985-86, trece máis que o ano que máis encontros disputara. Xogando soamente 19,3 minutos por partido, tivo unha media de 7,6 puntos, 6,8 rebotes, 2,1 asistencias e 1,3 tapóns cada noite. Conseguiu ademais a súa mellor marca en porcentaxe de tiros de campo, cun 56,2%. Nun dos partidos chegou a conseguir 20 puntos e 12 rebotes en tan só 26 minutos de xogo. Durante a tempada "só" sufriu unha pequena lesión, rompéndose o nariz, a décimo terceira da súa carreira. Asumindo un pouco familiar rol de secundario aos seus 33 anos, xogou esa tempada coa excitación dun colexial, e a liga recompensoulle co galardón de Mellor Sexto Home da NBA, premio que conseguira o seu agora compañeiro Kevin McHale as dúas tempadas anteriores.
Cun dos mellores quintetos da historia da NBA, os Celtics arrasaron na fase regular, cun récord de 67 vitorias e 15 derrotas, mentres que nos playoffs perderon unicamente 3 dos 18 partidos que disputaron, derrotando na final a Houston Rockets e as súas torres xemelgas, Ralph Sampson e Hakeem Olajuwon, en 6 partidos. A satisfacción de Walton tras gañar o seu segundo anel de campión e o premio de mellor sexto home era inconmensurable. Nun artigo publicado no xornal "Boston Herald", Kevin McHale dixo del:
Á idade de 34 anos, Walton retirouse tras xogar unicamente dez partidos da tempada 1986-87. No total da súa carreira profesional anotou 6.215 puntos (13,3 por partido), conseguiu 4.923 rebotes (10,5 p.p.) e obtivo unha porcentaxe de acerto do 52,1% en tiros de campo, en 468 partidos de liga regular, mentres que en 49 partidos de playoffs tivo unha media de 10,8 puntos e 9,1 rebotes.
Estatísticas NCAA <p align="center">Estatísticas de BILL WALTON (NCAA) Tempada Idade Universidade P MJ TC TCA 3P 3PA TL TLA R.OF REB ASIS ROU TAP PER FP PTS TC% 3P% TL% MIN PTS REB ASIS 1971-72 19 UCLA 30 238 372 157 223 466 633 .640 .704 21.1 15.5 1972-73 20 UCLA 30 277 426 58 102 506 168 612 .650 .569 20.4 16.9 5.6 1973-74 21 UCLA 27 232 349 58 100 398 148 522 .665 .580 19.3 14.7 5.5 TOTAIS 87 747 1147 273 425 1370 316 1767 .651 .642 20.3 15.7 3.6
NBA Liga Regular <p align="center">Estatísticas de BILL WALTON (Liga Regular) Temp Equipo PJ Min TC T3 TL R.Of R.Def Reb Asis Rou Per Tap Fp Ptos 74-75 Portland Trail Blazers 35 32,9 51,3% - % 68,6% 2,6 10,0 12,6 4,8 0,8 0,0 2,7 3,3 12,8 75-76 Portland Trail Blazers 51 33,1 47,1% - % 58,3% 2,6 10,8 13,4 4,3 1,0 0,0 1,6 2,8 16,1 76-77 Portland Trail Blazers 65 34,8 52,8% - % 69,7% 3,2 11,1 14,4 3,8 1,0 0,0 3,2 2,7 18,6 77-78 Portland Trail Blazers 58 33,3 52,2% - % 72,0% 2,0 11,2 13,2 5,0 1,0 3,6 2,5 2,5 18,9 79-80 San Diego Clippers 14 24,1 50,3% - % 59,3% 2,0 7,0 9,0 2,4 0,6 2,6 2,7 2,6 13,9 82-83 San Diego Clippers 33 33,3 52,8% - % 55,6% 2,3 7,5 9,8 3,6 1,0 3,2 3,6 3,4 14,1 83-84 San Diego Clippers 55 26,8 55,6% 0% 59,7% 2,4 6,3 8,7 3,3 0,8 3,2 1,6 2,8 12,1 84-85 Los Angeles Clippers 67 24,6 52,1% 0% 68,0% 2,5 6,4 9,0 2,3 0,7 2,6 2,1 2,7 10,1 85-86 Boston Celtics 80 19,3 56,2% - % 71,3% 1,7 5,1 6,8 2,1 0,5 1,9 1,3 2,6 7,6 86-87 Boston Celtics 10 11,2 38,5% - % 53,3% 1,1 2,0 3,1 0,9 0,1 1,5 1,0 2,3 2,8 Media 46,8 28,3 52,1% 0% 66,0% 2,4 8,2 10,5 3,4 0,8 1,8 2,2 2,8 13,3
Play-offs <p align="center">Estatísticas de BILL WALTON (Playoffs) Temp Equipo PJ Min TC T3 TL R.Of R.Def Reb Asis Rou Per Tap Fp Ptos 76-77 Portland Trail Blazers 19 39,7 50,7% - % 68,4% 2,9 12,3 15,2 5,5 0,0 0,0 0,0 4,2 18,2 77-78 Portland Trail Blazers 2 24,5 61,1% - % 71,4% 2,5 8,5 11,0 2,0 1,5 0,0 1,5 0,5 13,5 85-86 Boston Celtics 16 18,2 58,1% 0% 82,6% 1,6 4,9 6,4 1,7 0,4 1,4 0,8 2,8 7,9 86-87 Boston Celtics 12 8,5 48,0% - % 35,7% 0,8 1,8 2,6 0,8 0,3 0,7 0,3 1,9 2,4 Media 12,3 24,4 52,5% 0% 67,3% 0,7 2,0 9,1 3,0 0,2 0,6 0,4 3,0 10,8
Logros persoais Último xogador en gañar en dúas ocasións consecutivas o premio ao mellor xogador da NCAA (1972 e 1973). Foi dúas veces All Star. Foi dúas veces Campión da NBA (1978 e 1986). Elixido MVP da NBA en 1978, e MVP das Finais en 1977 Mellor Sexto Home en 1986. Elixido no mellor quinteto e no mellor quinteto defensivo en 1978. Máximo reboteador (14,4 por partido) e taponador (3,2) en 1977. En 1996 foi nomeado un dos "50 mellores xogadores da historia da NBA".
Vida persoal