Clarence Hudson White, nado en Carlisle (Ohio) o 8 de abril de 1871 e finado na Cidade de México o 7 de xullo de 1925, foi un fotógrafo estadounidense cofundador da corrente da Photo-Secession.
Traxectoria O seu traballo obtivo gran recoñecemento polos seus retratos pictorialistas. Foi profesor de fotografía. Ao final da súa carreira fundou a Clarence H. White School of Photography que tivo entre os seus alumnos a Margaret Bourke-White, Ralph Steiner, Dorothea Lange, Doris Ulmann ou Paul Outerbridge.
En 1910 White separouse do movemento da Photo-Secession e fundou xunto con Karl Struss e Edward Dickson en 1916 a asociación Pictorial Photographers of America.
Véxase tamén
Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1925 Categoría:Nados no condado de Licking, Ohio