A Professionalʼnaya basketbolʼnaya liga (Профессиональная баскетбольная лига, do ruso: Liga Profesional de Baloncesto), habitualmente abreviado PBL (ПБЛ), foi a máxima competición profesional de baloncesto de Rusia entre os anos 2010 e 2013, ano no que é substituída pola VTB United League. Esta competición foi a sucesora da Superliga, actual segunda división do baloncesto ruso.
Historia Fundada no ano 2010, a liga contou con 10 equipos na temporada inaugural. Nove desdes equipos participaran o ano anterior na Superliga, sendo o décimo equipo o Nizhny Novgorod. A temporada inaugural 2010–11 comezou o 9 de outubro de 2010 cun partido entre o Dinamo e o CSKA de Moscova no Krylatskoe Sport Palace, pavillón local do Dinamo. O partido acabou con vitoria para o CSKA por 81−63. Ese ano, sería o propio CSKA o que finalmente se proclamaría vencedor da competición, tal e como sucedería nas dous seguintes, e únicas, edicións.
A temporada 2011–12 volveu a contar con 10 teams, aínda que coa baixa do Dinamo de Moscova a cambio do campión da Superliga, o Spartak Primorye. Na fase regular o CSKA acabaría no primeiro posto tras perder un só partido, seguido de preto polo BC Khimki. Tras a celebración das eliminatorias polo títulos, serían estes dous equipos os que se enfrontarían na final, gañando por 2-0 o CSKA. O ano seguinte, xa sen playoffs polo título, a CSKA gañaría o seu terceiro título consecutivo, sendo así o único equipo en gañar esta competición.
Antes de comezar a última temporada, en maio de 2012, xuntáronse todos os clubs da PBL para decidir que formato se utilizaría para a seguinte temporada. Na xuntanza algúns clubs propuxeron a posibilidade de fusionar a liga coa VTB United League para aumentar a competencia entre os equipos rusos, suxerindo que a nova liga se chamase "Eastern European Professional Basketball League" (do inglés: Liga Profesional de Baloncesto de Europa do Leste). En xullo de 2012 o consello da VTB United League anunciou a súa decisión: a PBL continuaría un ano máis e despois a VTBUL pasaría ser a máxima categoría do baloncesto ruso.
Equipos Os seguintes son todos os equipos que participaron na PBL, así como as súas respectivas clasificacións por temporada. ClubCidadeRexión2010–112011–122012–13Mellor postoCSKA Moscova Moscova border|20px|Moscova Moscova <center> <center> <center> <center>Dinamo Moscova Moscova border|20px|Moscova Moscova <center> <center> <center> <center>Enisey Krasnoyarsk Krasnoyarsk border|20px|Krasnoyarsk Krasnoyarsk <center> <center> <center> <center>Krasnye Krylia Samara border|20px|Samara Samara <center> <center> <center> <center>Khimki Khimki border|20px|Moscova Moscova <center> <center> <center> <center>Lokomotiv Kuban Krasnodar border|20px|Krasnodar Krasnodar <center> <center> <center> <center>Nizhny Novgorod Nizhnii Novgorod border|20px|Nizhnii Novgorod Nizhnii Novgorod <center> <center> <center> <center>Spartak Primorye Vladivostok border|20px|Primorsky Primorsky <center> <center> <center> <center>Spartak San Petersburgo San Petersburgo border|20px|San Petersburgo San Petersburgo <center> <center> <center> <center>Triumph Lyubertsy Lyubertsy border|20px|Moscova Moscova <center> <center> <center> <center>UNICS Kazan Kazán border|20px|Tatarstán Tatarstán <center> <center> <center> <center>
Palmarés 2010−11 : 20px CSKA Moscova 2011−12 : 20px CSKA Moscova 2012−13 : 20px CSKA Moscova
Finais Temporada Campión Resultado Subcampión Primeiro na liga Rexistro <center>2010–11 20px CSKA Moscova <center>3–1 20px Khimki 20px UNICS Kazan <center>20–6 <center>2011–12 20px CSKA Moscova <center>3–1 20px Khimki 20px CSKA Moscova <center>17–1 <center>2012–13 20px CSKA Moscova <center>Liga 20px Khimki 20px CSKA Moscova <center>16–2
Por equipo EquipoCampiónSubcampiónTerceiroCuarto20px CSKA Moscova300020px Khimki030020px Lokomotiv Kuban001220px UNICS Kazan001020px Spartak San Petersburgo001020px Triumph Lyubertsy0001
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Ligas de baloncesto de Rusia Categoría:Ligas de baloncesto de Europa desaparecidas