Os motacílidos (Motacillidae) son unha familia de pequenas aves paseriformes de colas longas e medianas. Existen ao redor de 65 especies en 6 xéneros nos que se inclúen as lavandeiras, picas e picas africanas. As picas africanas están restrinxidas aos Afrotrópicos, mentres que as lavandeiras atópanse principalmente en Europa, África e Asia, con dúas especies migratorias que aniñan en Alasca. As picas teñen a distribución máis cosmopolita, atopándose ao longo do Vello mundo, América e nas illas de Nova Zelandia e Malvinas. Dúas especies africanas, a pica de peito amarelo e maila pica de Sharpe agrúpanse ás veces nun sétimo xénero, Hemimacronyx.

Descrición As picas, lavandeiras e picas africanas son paxaros esveltos, de tamaño pequeno ou medio, cunha lonxitude entre 14 e 17 cm, con longas colas e pescozos curtos.. Teñen patas pálidas con longas dedas, particularmente a deda traseira que pode chegar a medir até 4 cm nalgunhas picas africanas. Non existe dimorfismo sexual no que ao tamaño se refire. Normalmente as picas africanas adoitan ser máis robustas cás picas e mailas lavandeiras. As picas africanas poden chegar a acadar os 64 g, mentres que as picas e lavandeiras adoitan pesar entre 15–31 g. A plumaxe adoita ser marrón clara, semellante á das lavercas, aínda que algunhas especies teñen cores rechamantes, como por exemplo a pica dourada do nordeste de África. As picas africanas macho adoitan ter as partes inferiores de cores rechamantes. As lavandeiras a miúdo teñen plumaxes rechamantes en gris, negro, branco e amarelo.

A maioría dos motacílidos son aves insectívoras que se alimentan no chan ou no campo aberto. Ocupan a maioría dos hábitats dispoñibles, dende as ribeiras até os altos cumios. As lavandeiras prefiren ambientes máis húmidos cás picas. Algunhas especies de lavandeiras empregan os bosques, incluíndo a lavandeira forestal.

Os motacílidos predan sobre unha ampla variedade de invertebrados, especialmente insectos, e tamén arañas, vermes, e pequenos moluscos acuáticos e artrópodos.

Coa excepción da lavandeira forestal, aniñan no chan, ata seis ovos pintados.

En Galicia En Galicia existen 5 especies pertencentes á familia dos motacílidos (Motacillidae), delas, 7 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, 2 son invernantes no país e 1 aniña localmente. AnthusEspecieAutoridade, ano<center>Nome vulgar<center>EC<center>Distribución<center>Imaxe<center>PoboaciónAnthus campestrisLacépède, 1804<center>Pica papuda<center>120px100px aprox. 870.000 pp.Anthus trivialisLacépède, 1804<center>Pica das árbores<center>120px100px Anthus pratensisLesson, 1828<center>Pica dos prados<center>120px100px aprox. 2.190.000 pp.Anthus spinolettaLacépède, 1804<center>Pica patinegra montesa<center>120px100px aprox. 1.134.000.Anthus petrosusLacépède, 1804<center>Pica patinegra costeiro<center>120px100px Motacilla flavaLacépède, 1804<center>Lavandeira verdeal<center>120px100px aprox. 870.000 pp.Motacilla cinereaLacépède, 1804<center>Lavandeira real<center>120px100px Motacilla alba albaLesson, 1828<center>Lavandeira branca<center>120px100px aprox. 2.190.000 pp.Motacilla alba yarrelliiLacépède, 1804<center>Lavandeira moura<center>120px100px aprox. 1.134.000.

Especies e xéneros miniatura|Anthus hodgsoni miniatura|Dendronanthus indicus miniatura|Macronyx croceus

FAMILIA: MOTACILLIDAE Genus Anthus: picas (c.40 especies; véxase a páxina do xénero) Genus Tmetothylacus Golden Pipit, Tmetothylacus tenellus Genus Motacilla: lavandeiras Motacilla alba Motacilla alba yarrellii Motacilla (alba) lugens Motacilla grandis Motacilla madaraspatensis Motacilla samveasnae Motacilla aguimp Motacilla citreola Motacilla flava Motacilla cinerea Motacilla capensis Motacilla flaviventris Motacilla clara Genus Dendronanthus Dendronanthus indicus Genus Macronyx: picas africanas Macronyx capensis Macronyx croceus Macronyx fuellebornii Macronyx sharpei Macronyx flavicollis Macronyx aurantiigula Macronyx ameliae Macronyx grimwoodi.

Notas

Ligazóns externas

Motacillidae videos on the Internet Bird Collection