A AG-51 é unha autovía autonómica proxectada para dar acceso á PLISAN desde a A-52. A obra foi adxudicada en febreiro de 2010 a Dragados SA e OCASA por un importe de 18 millóns de euros. A lonxitude total é de 4,5 quilómetros cunha velocidade limitada a 120 km/h.

A súa posta en servizo foi adiada en diversas ocasións: primeiramente estaba prevista para 2009, logo 2012 e logo 2013, porén non estaría -parcialmente- en funcionamento até febreiro de 2015 para dar servizo, cun tramo de 2,36 km, a dúas parroquias de Salvaterra.

No Plan MOVE recóllese unha ampliación cara Portugal mediante unha nova ponte internacional no horizonte 2020.

Futuros enlaces número de saída nome da saída estrada coa que liga25px Vigo Ourense  A-52 15px Enlace de Vales  PO-402  25px PLISAN

Notas

Véxase tamén Outros artigos PLISAN

Categoría:Autovías autonómicas de Galicia Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra