Alborín é un lugar da parroquia de Rus no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña doce habitantes (catro homes e oito mulleres). Toponimia O topónimo Alborín podería proceder do nome de posuidor Leporinus, a partir da forma ad Leporini, ou quizais derivar de *Arborinus ou mesmo estar influenciado polos nomes de lugares próximos Albeiro, Leborís e Alborís.

Lugares e parroquias Lugares de Rus

Parroquias de Carballo

Notas

Categoría:Lugares de Carballo