Primož Brezec, nado en Postojna o 2 de outubro de 1979, é un ex xogador esloveno de baloncesto profesional. Mide 2,16 metros e xogaba na posición de pivote.

Traxectoria Brezec creceu xogando en Kraski Zidar. Máis tarde xogou no KK Union Olimpija dende 1998 até 2001. Foi elixido na posición 27 do Draft da NBA de 2000 por Indiana Pacers. Tres anos despois e tras xogar poquísimo, foi elixido no draft de expansión polos Bobcats. No seu primeiro ano no equipo, tivo unha media de 13 puntos e 7 rebotes. O 14 de decembro de 2007 foi traspasado a Detroit Pistons xunto a Walter Herrmann a cambio de Nazr Mohammed.

Dous meses despois, foi traspasado a Toronto Raptors a cambio de Juan Dixon. Tras o seu paso pola Lottomatica Roma, en agosto de 2009 regresou á NBA, fichando por Philadelphia 76ers. En febreiro de 2010 foi traspasado a Milwaukee Bucks xunto con Royal Ivey a cambio de Francisco Elson e Jodie Meeks.Sixers Complete Four Player Trade with Milwaukee - 2/18/2010

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados na Carniola Interior Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto de Eslovenia Categoría:Xogadores do KK Union Olimpija Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores do Pallacanestro Virtus Roma Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban Categoría:Xogadores do BC Nizhny Novgorod Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers Categoría:Pivotes de baloncesto