Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 en Pittsburgh (Pensilvania) e finado o 22 de febreiro de 1987 en Nova York, foi un pintor, director cinematográfico e publicista americano, ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de Hollywood, xente adiñeirada e aristócratas.

Foi pioneiro na arte xerada por ordenador, usando ordenadores Amiga que apareceron en 1985, xusto antes da súa morte en 1987. Fundou a revista Interview Magazine e foi o autor de numerosos libros, como The Philosophy of Andy Warhol e Popism: The Warhol Sixties.

Traxectoria Infancia Warhol naceu en Pittsburgh co nome de Andrew Warhola, e era fillo de inmigrantes eslovacos. Os seus pais eran Andrej e Julia Warhola, orixinarios dunha Miková por aquel entón pertencente ó Imperio Austrohúngaro. En 1914 Andrej Warhola emigrou ós Estados Unidos para traballar nas minas de carbón, mentres que a súa muller emigrou sete anos despois cos seus dous fillos maiores. Foi o cuarto dos fillos do matrimonio, aínda que o primeiro morrera antes de que os pais viaxasen aos Estados Unidos; os outros dous eran Paul, nado en 1923 e John, en 1925. Mentres cursaba terceiro de primaria, Andy comezou a sufrir o mal popularmente coñecido como baile de San Vito, é dicir, a corea de Sydenham. Esta enfermidade provoca unha afección do sistema nervioso que causa movementos incontrolados das extremidades e desordes na pigmentación da pel. Dende entón foi hipocondríaco e desenvolveu un gran medo a médicos e hospitais. Pasou boa parte da súa infancia deitado nunha cama, converténdose nun marxinado entre os seus compañeiros de clase e forxando unha forte fixación cara a súa nai. Mentres estaba na cama debuxaba, escoitaba a radio e coleccionaba imaxes de estrelas de cinema que colocaba arredor da súa cama. Máis tarde, definiu esta etapa da súa vida como moi importante no desenvolvemento posterior da súa personalidade, as súas habilidades e os seus gustos.

Comezos da súa carreira Decidiu estudar Arte comercial na Universidade Carnegie Mellon (Pittsburgh). En 1949 trasladouse a Nova York para iniciar unha carreira como ilustrador de revistas e publicista. Durante a década dos 50, gañou certa reputación grazas ás súas ilustracións para un anuncio de zapatos.

Coa difusión das novas tecnoloxías do vinilo e a alta fidelidade, as empresas discográficas atopáronse nun contexto comercial completamente novo que non tardarían en explotar. A RCA contratou a Warhol e a Sid Maurer, entre outros artistas freelance, para o departamento de deseño de portadas de discos, carteis e material promocional.

Os anos 60 miniatura|270px|dereita|A serie de Latas de sopa Campbell, tamén coñecida como 32 latas de sopa Campbell,Frazier, p. 708 foi producida por Warhol en 1962 e é un dos seus traballos máis coñecidos. A súa primeira exposición individual foi na galería californiana Ferusel. Era o 9 de xullo de 1962 e marcou o debut do movemento pop art na costa oeste. Catro meses máis tarde, entre o 6 e o 24 de novembro, inaugurou a súa primeira exposición en Nova York. Concretamente na galería Stable, propiedade de Eleanor Ward. Alí incluíu O díptico de Marilyn, 100 latas de sopa, 100 botellas de cola e 100 billetes de dólar e ademais coñeceu a John Giorno, con quen despois coincidiría no primeiro de Warhol: Sleep (1963).

Nesa época empezou a pintar os seus famosos debuxos da sopa Campbell e das botellas de Coca-Cola, ós que consideraba tan iconas estadounidenses como Marilyn Monroe, Troy Donahue ou Elizabeth Taylor. Tamén fundou o seu estudio The Factory, por onde pasaron artistas, escritores, modelos, músicos e celebrities underground do momento. O taller, decorado con follas de papel de aluminio cor prata, estaba inicialmente na rúa 47. Despois, mudaríase a Broadway. A súa obra comezou a ser moi coñecida e desatou certas polémicas sobre o papel do artista e a finalidade da arte.

Desenvolveu unhas imaxes persoais a partir de obxectos completamente impersoais, como billetes de dólar ou novos produtos de moda. Utilizaba imaxes propias dos xornais, os carteis e a televisión para definir un olimpo particular, composto de símbolos da cultura estadounidense: a cadeira eléctrica, as fotografías de cargas policiais contra manifestantes polos dereitos civís ou os retratos de celebridades da época."Todos os meus retratos teñen que ter o mesmo tamaño para que encaixen todos xuntos e formen un gran cadro chamado 'Retratos de sociedade'. É unha boa idea. Non?. Se cadra o Metropolitan Museum quererao algún día".; vid. artigo con motivo dunha exposición. A botella de Coca-Cola converteuse, para el, nun tema pictórico. Sobre isto declarou:

O MOMA organizou un simposio sobre arte pop en decembro de 1962 e algúns artistas, entre eles Warhol, foron atacados por «renderse» ó consumismo. Para as sofisticadas elites que ditaban a crítica de arte, o entusiasmo que Warhol sentía pola cultura do consumismo resultaba vergoñento e inadmisible. Este simposio definiu o ton en que se ía recibir a obra de Warhol, aínda que ó longo dos anos 60 ía facerse cada vez máis evidente que se deran profundos cambios na cultura e no mundo da arte. Tamén, que Warhol xogou un papel esencial nese cambio.

miniatura|287px|dereita|Marilyn Monroe foi inmortalizada nunha das obras máis coñecidas de Andy Warhol. Un evento crucial foi a exhibición The American supermarket, unha mostra celebrada en 1964 na galería Paul Bianchinni, no Upper East Side de Manhattan. A exposición estaba organizada como o típico pequeno supermercado estadounidense, aínda que os produtos exhibidos (conservas, carne ou pósters) eran obra de prominentes artistas do pop: Mary Inman, Robert Watts ou o controvertido Billy Apple. A contribución de Andy Warhol foi unha pintura dunha lata de sopa Campbell, valorada en 1.500 dólares. O curioso é que a lata tan só custaba 6 dólares. A exposición foi un dos primeiros actos públicos nos que se confrontou ó público coa arte pop e a cuestión proposta polas vangardas clásicas sobre que podía ser arte.

Como xa fixera na súa etapa de ilustrador comercial nos 50, Warhol recorreu a asistentes para aumentar a produtividade do seu taller artístico. Esta colaboración tamén supuxo encarnizadas polémicas sobre os seus métodos de traballo e o seu valor como arte, especialmente durante os anos 60. Un dos colaboradores máis importantes cos que contou nesta época foi Gerard Malanga, que o axudou na produción de serigrafías, filmes, esculturas e outras obras producidas en The Factory. Outros colaboradores esporádicos foron Freddie Herko, Ondine, Ronal Travel, Mary Woronov, Billy Name e Brigid Berlin (que foi quen, ó parecer, lle deu a idea de gravar as súas conversas telefónicas).

Durante os anos 60 tamén reuniu a unha comitiva de excéntricos e bohemios, a quen el designaba como as superstars, e que incluía a Edie Sedgwick, Viva e a célebre Ultra Violet. Todos eles adoitaban actuar nos filmes de Warhol e algúns, como Berlin, mantiveron unha estreita amizade co artista ata a súa morte. A súa relación con artistas como a cantante Frangeline, o escritor John Giorno ou o cineasta Jack Smith (que tamén figurou nalgunhas curtas de Warhol) revelaba a súa estreita relación con distintas clases de produción artística. Cara ao final desa década, o mesmo Warhol convertérase nunha celebridade e aparecía frecuentemente na prensa, escoltado por algún dos seus compañeiros na Factory.

En 1965 coñeceu ó grupo de música The Velvet Underground, liderado por Lou Reed. Non tardou en converterse no mánager do grupo e engadir á súa amiga, a cantante alemá Nico. En 1967 saíu ó mercado o disco dos Velvet chamado The Velvet Underground and Nico: Andy Warhol, producido por este último. Ese mesmo ano, por diferenzas co resto do grupo, Nico retirouse e os servizos de Warhol xa non foron necesarios. En 1969 comezou a publicar a súa revista Interview.

Atentado O 3 de xuño de 1968, Valerie Solanas disparou a Warhol e ó crítico de arte e comisario Mario Amaya na entrada do estudio de Warhol.

Antes do atentado, Solanas fora un membro discreto do colectivo da Factory. Redactou o "Manifesto SCUM" ("capa de sucidade" (en inglés: scum), un alegado feminista separatista contra o patriarcado (e que, co devir dos anos, adquiriu certa sona). Solanas tamén aparecía no filme de Warhol I, A Man (1968). En 1967, Valerie ofrecéralle unha obra de teatro a Warhol propoñéndolle que fose o seu produtor. Warhol aceptou e pediulle o borrador do texto. Este borrador da obra nunca regresou a Solanas. Crese que Warhol nunca tivo a intención de producir a obra nin como obra teatral nin como filme e que perdeu o manuscrito. Isto anoxou a Solanas, que pasaba por un momento de desequilibrio mental e inestabilidade emocional.

Amaya sufriu só feridas menores, e foi dado de alta ese mesmo día. Porén, Warhol recibiu tres disparos (o primeiro nin lle rozou, pero os outros dous deixárono moi grave) e as secuelas deste ataque acompañaríanlle o resto da súa vida, deixando unha pegada profunda no resto da súa vida e obras. Esa mesma tarde, Valerie entregouse á policía. Argumentou que Warhol estaba pensando roubar o seu traballo e que controlaba demasiado a súa vida. O xuíz ordenou que a trasladaran ó Hospital Psiquiátrico de Bellevue baixo observación. Declarouse culpable de intento de homicidio, asalto e tenencia ilícita de armas e recibiu unha sentenza de tres anos. Warhol rexeitou testificar na súa contra. O xuíz declarouna inhabilitada legalmente e enviouna ó Hospital Ward Island. Tralo tiroteo, o acceso a Factory quedou rixidamente controlado, e en opinión de moitos, isto causou a fin da época da "Factory dos 60". A nova do atentado quedou bastante desleixada nos medios debido á asasinato de Robert F. Kennedy, dous días despois.

A raíz do atentado sufrido, Warhol declarou que "antes de que me disparasen, sempre pensei que estaba un pouco máis para aló que para acó. Sempre sospeitei que estaba vendo a tele no canto de vivir a vida".

Anos 70 270px|miniatura|BMW M1 decorado por Warhol. Comparados coa escandalosa (e exitosa) década dos 60, os 70 foron anos máis tranquilos para Warhol, que se converteu nun emprendedor. Segundo Bob Colacello, Warhol pasaba a maior parte do seu tempo rondando a novas estrelas e personaxes famosos para propoñerlles un retrato. A lista incluía a Mick Jagger, Liza Minnelli, John Lennon, Diana Ross, Brigitte Bardot e Michael Jackson. O famoso retrato do líder comunista chinés Mao Zedong é desta época (1973). Tamén fundou, co apoio de Gerard Malanga, a revista "Interview", e publicou "A filosofía de Andy Warhol" (1975), na que expoñía o seu pensamento con rotundidade e sentido do humor:"Facer cartos é arte, e o traballo é arte, e un bo negocio é a mellor arte". Warhol acostumaba frecuentar diversos clubs nocturnos de Nova York, como o Max's Kansas City, o Serendipity 3 e, máis adiante, o célebre Studio 54. Normalmente comportábase como un tranquilo, tímido e meticuloso observador. O crítico de arte Robert Hughes chamouno "o lunar branco de Union Square". O seu estilo inicialmente rupturista foi progresivamente asimilado polo circuíto de galerías e polos círculos adiñeirados, ós que satisfacía con retratos por encargo. Esta etapa é xulgada de xeito dispar pola crítica actual.