Robert Jerry Lanier, Jr., nado en Buffalo, Nova York, o 10 de setembro de 1948 e finado o 10 de maio de 2022, foi un antigo xogador profesional de baloncesto da NBA que xogou en Detroit Pistons e Milwaukee Bucks. Asistiu ao Instituto Buffalo's Bennett até a súa gradación en 1966, e á Universidade de St. Bonaventure, en Olean, Nova York.

Traxectoria Universidade Lanier foi tres veces seleccionado Converse All-America (1968-1970), e en 1970 liderou a Universidade de St. Bonaventure á Final Four da NCAA, con todo, chegou lesionado e non puido disputar o partido de semifinais ante Jacksonville de Artis Gilmore, onde caeron eliminados.

NBA Foi seleccionado na primeira posición do Draft de 1970 por Detroit Pistons, sendo nomeado naquela tempada no quinteto dos mellores rookies da campaña. En 1980 foi traspasado a Milwaukee Bucks. En cinco tempadas que estivo no equipo, gañou o campionato de división en cada ano. En 1984 retirouse do baloncesto profesional.

En 14 tempadas na liga, fixo 20,1 puntos e 10,1 rebotes por partido cun respectable 51.4% en tiros de campo. Xogou oito All-Star Game e foi nomeado MVP do partido en 1974. Posteriormente entrou no Basketball Hall of Fame en 1992 e o seu dorsal 16 foi retirado tanto nos Pistons como nos Bucks. Na tempada 1994-95, foi adestrador interino de Golden State Warriors durante 37 partidos substituíndo a Don Nelson, obtendo un 12-25 de marca.

Equipos Detroit Pistons (1970-1980) Milwaukee Bucks (1980-1984)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en nba.com/historical Estatísticas de Bob Lanier como xogador Estatísticas de Bob Lanier como adestrador Bob Lanier na páxina do Hall of Fame

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Adestradores dos Golden State Warriors Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Nados en Buffalo, Nova York Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2022