A Constitución de Polonia actual foi adoptada o 2 de abril de 1997. Formalmente coñécese como a Constitución da República de Polonia (en polaco: Konstytucja Rzeczypospolitej Polskiej), e substituíu as emendas temporais postas en práctica en 1992 co fin de revertir os efectos do comunismo, establecendo á nación como "un estado democrático gobernado pola lei e poñendo en marcha os principios da xustiza social." Foi adoptada pola Asemblea Nacional de Polonia o 2 de abril de 1997, aprobada por un referendo nacional o 25 de maio de 1997, e entrou en vigor o 17 de outubro de 1997.
Polonia tivo diferentes constitucións ao longo da súa historia. Historicamente, a máis significante foi probablemente a Constitución de Maio adoptada o 3 de maio de 1791, a primeira constitución moderna en Europa e a segunda no mundo, despois da Constitución dos Estados Unidos de América.
Notas Chair of History of Polish Law, Jagiellonian University (in Polish)
Véxase tamén Ligazóns externas English text of the Polish Constitution Polish Constitutional Law Constitutions, bibliography, links Overview New York University review
Categoría:Constitucións Categoría:Historia de Polonia Categoría:Política de Polonia Categoría:1997