A Copa Korać é o nome que recibiu unha das competicións europeas de clubs de baloncesto organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). O torneo concibiuse en 1971 e disputou os seus primeiros partidos o 4 de xaneiro de 1972. Foi bautizada como Korać en homenaxe ao baloncestista iugoslavo Radivoj Korać, un grande xogador do OKK Belgrado que finara en 1969 nun accidente de tráfico aos 30 anos. O trofeo foi ofrecido polo OKK e tódolos beneficios xerados pola competición foron destinados á fundación que se creou no seu nome.

Na súa primeira edición, celebrada na tempada 1971-72, foron convidados a participar só oito equipos: dous da liga española (Bàsquet Manresa e Picadero Jockey Club), dous franceses (Olympique d'Antibes Basket e Caen BC), dous iugoslavos (Lokomotiva Zagreb e OKK Belgrado), un belga (Standard BC) e un alemán (USC München). A final, disputada a dobre partido (ida e volta), foi gañada polo Lokomativa (actualmente Cibona) ante o OKK Belgrado.

Nas seguintes edicións ampliouse o número de participantes e o formato de competición foi variando ao longo dos anos, de xeito que puideran participar nunha competición europea os clubs mellor clasificados de cada país que non puidesen competir na Copa de Europa nin na Recopa.

A competición deixou de celebrarse ao remate da tempada 2001-02 a causa da crise do baloncesto europeo propiciada pola escisión entre a FIBA e a Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Ese ano optouse por suprimir a competición ao tomar partido pola ULEB os principais clubs do continente.

Porén, a ULEB creou un ano despois unha nova competición, a Copa ULEB, que recolleu a testemuña da Copa Korać.

Historial Final a dobre partido (1972-1976) TempadaSedeCampiónSubcampiónResultados 1971-72 Belgrado & Zagreb 20px KK Lokomotiva 20px OKK Belgrado 71-83 e 94-73 1972-73 Cantú & Malinas Pallacanestro Cantù Racing Mechelen Basket 106-75 e 85-94 1973-74 Cantú & Belgrado Pallacanestro Cantù 20px KK Partizan 99-86 e 75-68 1974-75 Barcelona & Cantú Pallacanestro Cantù FC Barcelona 71-69 e 110-85 1975-76 Split & Turín 20px Jugoplastika Split Auxilium Pallacanestro Torino 97-84 e 82-82

Final a Partido Único (1977-1985) TempadaSedeCampiónSubcampiónResultado 1976-77 Xenebra 20px Jugoplastika Split Fortitudo Bologna 87-84 1977-78 Banja Luka 20px KK Partizan 20px KK Bosna 117-110 1978-79 Belgrado 20px KK Partizan AMG Sebastiani Rieti 108-98 1979-80 Liexa AMG Sebastiani Rieti 20px KK Cibona 76-71 1980-81 Barcelona Joventut de Badalona Pallacanestro Venezia 105-104 1981-82 Padua CSP Limoges 20px KK Šibenik 90-84 1982-83 Berlín CSP Limoges 20px KK Šibenik 94-86 1983-84 París ÉB Pau-Orthez 20px KK Estrela Vermella 97-73 1984-85 Bruxelas Olimpia Milano Pallacanestro Varese 91-78

Final a Dobre Partido (1986-2002) TempadaSedeCampiónSubcampiónResultados 1985-86 Caserta & Roma Pallacanestro Virtus Roma Juvecaserta Basket 84-78 e 73-72 1986-87 Barcelona & Limoges FC Barcelona CSP Limoges 106-85 e 97-86 1987-88 Madrid & Zagreb Real Madrid CF 20px Cibona Zagreb 102-89 e 93-94 1988-89 Cantú & Belgrado 20px KK Partizan Pallacanestro Cantù 76-89 e 101-82 1989-90 Pésaro & Badalona Joventut de Badalona Victoria Libertas Pesaro 99-98 e 96-86 1990-91 Madrid & Cantú Pallacanestro Cantù Real Madrid CF 73-71 e 95-93 1991-92 Roma & Pésaro Pallacanestro Virtus Roma Victoria Libertas Pesaro 94-94 e 99-86 1992-93 Roma & Milán Olimpia Milano Pallacanestro Virtus Roma 95-90 e 106-91 1993-94 Tesalónica & Trieste PAOK Pallacanestro Trieste 75-66 e 100-91 1994-95 Milán & Berlín ALBA Berlin Olimpia Milano 87-87 e 85-79 1995-96 Istanbul & Milán Efes Pilsen SK Olimpia Milano 76-68 e 70-77 1996-97 Bursa & Tesalónica Aris Tesalónica BC Tofaş S.K. 66-77 e 70-88 1997-98 Verona & Belgrado Scaligera Basket Verona 20px|RF Iugoslavia KK Estrela Vermella 68-74 e 64-73 1998-99 Madrid & Barcelona FC Barcelona CB Estudiantes 77-93 e 97-70 1999-00 Limoges & Málaga CSP Limoges Unicaja Málaga 80-58 e 51-60 2000-01 Málaga & Vrsac Unicaja Málaga 20px|Serbia e Montenegro KK Hemofarm 77-47 e 71-69 2001-02 Nancy & Rostov SLUC Nancy Lokomotiv Kuban 98-72 e 74-95

Palmarés Clubs EquipoTítulosAnos campión Pallacanestro Cantù41972-73, 1973-74, 1974-75 e 1990-91. KK Partizan31977-78, 1978-79 e 1988-89. CSP Limoges31981-82, 1982-83 e 1999-00. KK Split21975-76 e 1976-77. Joventut de Badalona21980-81 e 1989-90. Pallacanestro Virtus Roma21985-86 e 1991-92. Olimpia Milano21984-85 e 1992-93. FC Barcelona21986-87 e 1998-99. KK Cibona11971-72. AMG Sebastiani Rieti11979-80. ÉB Pau-Orthez11983-84. Real Madrid11987-88. PAOK11993-94. ALBA Berlin11994-95. Efes Pilsen S.K.11995-96. Aris Tesalónica BC11996-97. Scaligera Basket Verona11997-98. Unicaja Málaga12000-01. SLUC Nancy12001-02.

Ligas TítulosPaísEquipos10 Pallacanestro Cantù (4), AMG Sebastiani Rieti, Olimpia Milano (2), Pallacanestro Virtus Roma (2), Scaligera Basket Verona6Joventut Badalona (2), FC Barcelona (2), Real Madrid, Unicaja Málaga5CSP Limoges (3), ÉB Pau-Orthez, SLUC Nancy3 KK Cibona, KK Split (2)3KK Partizan2PAOK, Aris Tesalónica1 Efes Pilsen S.K.1ALBA Berlin

Adestradores AdestradorTítulosAnos Arnaldo Taurisano31972-73, 1973-74 e 1974-75. Petar Skansi21975-76 e 1976-77. Pierre André Buffière21981-82 e 1982-83. Aíto García Reneses21986-87 e 1998-99.

Véxase tamén FIBA FIBA Europa ULEB Copa de la ULEB Recopa de Europa de Baloncesto

Categoría:Competicións de baloncesto desaparecidas en Europa