Charles "Bo" Outlaw, nado o 13 de abril de 1971 en San Antonio, Texas, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association. Con 2,03 metros de altura xogaba de ala-pivote.
Traxectoria Logo de xogar pola Universidade de Houston, non foi escollido no Draft da NBA, polo que foi enviado á CBA. Despois diso foi contratado por Los Angeles Clippers en 1993, facendo 5,7 puntos e 5,1 rebotes por encontro na súa carreira na NBA, pasando por Los Angeles Clippers, Orlando Magic, Phoenix Suns e Memphis Grizzlies.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil histórico en nba.com Estatísticas de Bo Outlaw
Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Ala-pivotes de baloncesto