Ymir ou Saturno XIX, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman, e o seu equipo no 2000 e recibiu a designación temporal de 'S/2000 S 1.Recibiu o seu nome oficial en agosto do 2003, a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Ymir era o antepasado de tódolos Jotuns ou xigantes do xeo.

Das lúas que tardan máis de tres anos terrestres en dar unha volta a Saturno, Ymir é a máis grande. Ten 18 km de diámetro e tarda 3,6 anos terrestres en completar unha órbita ó redor de Saturno.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Grupo Nórdico Saturno

Ligazóns externas MPEC 2000-Y15: S/2000 S 1, S/2000 S 2, S/2000 S 7, S/2000 S 8, S/2000 S 9 (19-12-2000 efemérides) Efemérides IAU-NSES Saturn's Known Satellites (por Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Saturno