Rodrigue Beaubois, nado en Pointe-à-Pitre (Guadalupe) o 24 de febreiro de 1988, é un xogador profesional de baloncesto francés que actualmente xoga no Anadolu Efes da Basketbol Süper Ligi turca. Con 1,88 metros de altura, xoga nas posicións escolta e base.
Traxectoria Beaubois foi descuberto polo xogador da NBA Mickael Pietrus nun campus de baloncesto celebrado en Guadalupe. De alí chegou ao Cholet Basket da liga francesa, onde se integrou no seu centro de formación, xogando primeiro unha tempada no seu equipo júnior, onde fixo 10,8 puntos e 2,3 asistencias por partido. Ao ano seguinte integrouse no equipo profesional , pero só xogou cinco partidos co mesmo na tempada. Ese mesmo ano foi por primeira vez convocado coa selección francesa sub-20.
Tras unha primeira tempada xa completamente integrado no primeiro equipo, a súa explosión foi ao ano seguinte, no que acabou con 10 puntos e 2,5 rebotes por partido, xogando o seu mellor encontro ante Roanne, no que conseguiu 31 puntos, 8 asistencias e 5 roubos de balón.
Foi elixido na vixésimo quinta posición do Draft da NBA de 2009 por Oklahoma City Thunder, mais foi inmediatamente traspasado a Dallas Mavericks xunto cunha futura segunda rolda do draft a cambio dos dereitos da elección 24, B. J. Mullens.Thunder Acquires James Harden, B.J. Mullens and Robert Vaden in 2009 NBA Draft En xullo de 2009 comprometeuse co equipo texano por dúas tempadas.
Estatísticas Tempada Equipo P PTS REB AST ROU TAP %TC %3P %TL MIN PER 2007-08 Cholet Basket 24 5.5 1.6 1.3 0.7 0.4 .511 .435 .777 13.3 1.0 2008-09 Cholet Basket 29 10.0 2.5 2.3 1.1 0.2 .633 .317 .583 22.3 1.9Total: 50 7.5 2.2 1.9 0.9 0.3 .541 .398 .622 17.8 1.4
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas de Rodrigue Beaubois Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Guadalupe, Francia Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Francia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores do Cholet Basket Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores do Spirou Charleroi Categoría:Xogadores do Le Mans Sarthe Basket Categoría:Xogadores do Strasbourg IG Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK