miniatura|David Gross coa súa dona. David Gross é un físico norteamericano nado o 19 de febreiro de 1941 en Washington, D.C.. Traxectoria Recibiu xunto con Frank Wilczek e David Politzer o Premio Nobel de Física no 2004 polo descubrimento da liberdade asintótica.

Gross recibiu o seu diploma universitario e mestrado na Universidade Hebrea de Xerusalén no 1962. Recibiu o doutoramento en Física na Universidade de Berkeley en 1966 baixo a supervisión de Geoffrey Chew e foi bolseiro na Universidade Harvard e profesor en Princeton ata 1997. Recibiu a medalla Dirac en 1988 e na actualidade é o director da cátedra de Física teórica no Instituto Kavli da Universidade de California.

Véxase tamén Ligazóns externas Laureados co Premio Nobel de Física 2004

Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Alumnos da Universidade Hebrea de Xerusalén