Pío Estanislao Federico Chueca y Robres, nado en Madrid o 5 de maio de 1846 e finado o 20 de xullo de 1908, foi un compositor español.
Traxectoria Foi o segundo fillo dunha familia acomodada madrileña. Está considerado un músico autodidacta, malia que recibiu clases de solfexo desde o ensino primario. De feito, tiña destreza co piano, o cal foi comentado pola prensa da época. A súa irregular formación académica no musical queda compensada pola súa grande intuición e graza para a melodía e o ritmo. Chueca é un dos máximos representantes da zarzuela. É autor de La Gran Vía (1886), xunto con Joaquín Valverde.
Véxase tamén Ligazóns externas Federico Chueca en EPDLP Agua, azucarillos y aguardiente na revista OpusMusica.
Categoría:Compositores de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1908