miniatura| miniatura|300px miniatura|Vista aérea no 2014. A lagoa de Castiñeiras é unha lagoa artificial situada no monte de Cotorredondo (entre a comarca do Morrazo e a de Pontevedra), entre os termos municipais de Vilaboa (parroquia de Vilaboa, xunto aos lugares da Graña e Postemirón) e Marín (parroquia de San Xián).

Situación Ao redor da lagoa sitúase un dos parques forestais máis antigos de Galicia, o Parque da Natureza Lagoa de Castiñeiras, situado en montes comunais e xestionado pola Xunta de Galicia. Está rodeado dunha masa forestal creada a partir dos anos 50 pero que probablemente teña a súa orixe nas primeiras plantacións do plan de reforestación da provincia de Pontevedra, iniciadas o 3 de xaneiro de 1927. Actualmente o parque conta cunhas 70 ha de superficie repoboadas con castiñeiros, bidueiros, carballo americano e outras especies exóticas.

Dentro do parque atópase unha caseta de información e a Aula de Natureza de Cotorredondo, ambas as dúas xestionadas pola cooperativa Teixugo.

No parque atópase un campo de catro mámoas entre as que destaca a Mámoa do Rei.

Accédese pola estrada de Figueirido, dende a N-550, ou ben dende Vilaboa a través de distintos camiños forestais (401, 105).

Véxase tamén Outros artigos Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia Ligazóns externas Parque Lago Castiñeiras Teixugo S. Coop. Lago na páxina do Concello de Vilaboa

Categoría:Vilaboa Categoría:Marín Castiñeiras