O maquis designa grupos de guerrilleiros que formaban parte da denominada Resistencia francesa, sendo a súa presenza particularmente activa nas zonas montañosas da Bretaña e do sur de Francia onde fustrigaron as forzas do réxime de Vichy e a Wehrmacht do Terceiro Reich.

En España é o nome xenérico adoptado pola historiografía, polo que se coñecen os grupos armados clandestinos que practicaron as técnicas de combate de guerrilla especialmente no medio rural e natural, como bosques ou zonas montañosas, durante a guerra civil española e a posguerra española, provenientes moitos deles do maquis francés. Etimoloxía A palabra orixinal deriva dun tipo de ecosistema mediterráneo presente no sueste de Francia, a maquia (en francés maquis), cuberto de matogueiras. por Dictionary.com Este foi, precisamente, o tipo de terreo no que a resistencia armada atopou asilo. Os membros do escuadrón recibían o nome de maquisards. Finalmente, o termo converteuse nun honorífico que significaba "combatente de resistencia armada". Os maquis pasaron a simbolizar a resistencia francesa. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Antifascismo Resistencia francesa Orquestra Vermella

Categoría:Historia contemporánea de Francia Categoría:Segunda guerra mundial Categoría:Historia contemporánea de España Categoría:Antifascismo Categoría:Historia de Francia do século XX Categoría:Historia de España do século XX