A Sección de hóckey sobre xeo do Futbol Club Barcelona é un equipo de hóckey sobre xeo catalán da cidade de Barcelona. Dende o outono de 2025 o primeiro equipo competirá na Liga Nacional Hockey Hielo, máxima categoría do hóckey sobre xeo español, logo dunha tempada fora da competición.
Fundado en 1972, ao longo dos seus máis de 50 anos de historia o equipo proclamouse campión de liga en sete ocasións, e alzou seis veces a Copas do Rei.
Historia miniatura|esquerda|250px|Juhani Wahlsten, fichado polo FC Barcelona para lanzar o seu programa de hóckey sobre xeo, foi adestrador do equipo na tempada do seu debut. A sección naceu en xaneiro de 1972, logo da construción do Palau de Gel. Logo de varios meses de adestramento, o equipo debutou o 24 de setembro de 1972 fronte ao Font-Romeu/Puigcerdà, un combinado de xogadores españois e franceses, ante 2 000 persoas.
Antes do inicio da tempada do seu debut o equipo blaugrana partía como gran favorito ao título pola maior experiencia do equipo, con varios veteranos procedentes do hóckey a patíns encabezados por Manel Puigbò, aínda que o Barcelona non puido contar co seu xogador-adestrador, o ex internacional finlandés Juhani Wahlsten, ao non estar permitida a participación de xogadores estranxeiros. Con todo, o equipo non puido alzarse co campionato e finalizou a súa primeira tempada na terceira posición, por detrás da Real Sociedad, que se proclamou campión cun equipo moi novo, e o CH Madrid, contra o que se viron superados no terceiro período do partido de volta disputado o 7 de abril de 1973 en Barcelona e no que os madrileños marcaron tres goles para un marcador final de 2-4. Na final da Copa do Xeneralísimo os cataláns bateron coa solidez defensiva da Real Sociedad, que se acabou impoñendo por 2-4 cunha gande actuación do seu porteiro Carlos Arizti. Con todo, o club connseguiu para as súas vitrinas o Campionato Nacional Infantil, que se disputou en Donostia entre 21 e o 23 de abril de 1973.
O primeiro título que acadou foi a Copa do Rei de 1976. A mediados dos anos '80, a xunta directiva de Josep Lluís Núñez suprimiu o equipo sénior, deixando tan só os equipos de base e formación. En 1990 o club retornou á máxima competición, destacando a tempada 1996-97, na que acadou o dobrete (liga e copa).
miniatura|250px|O FC Barcelona durante un partido no Palau de Gel.
No verán de 2024 o club e os xogadores chegaron a un acordo para disolver o primeiro equipo, que non competirá na liga canto menos durante a tempada 2024-25, algo que non ocorría dende 1989. A decisión foi tomada logo da demolición do Palau de Gel, o que fixo ao equipo competir sempre fora da casa e sen poder adestrar. O Futbol Club Barcelona comezou a construír unha pista provisional nas instalacións deportivas da Universidade de Barcelona, que con todo, non estará lista ata finais de 2025. Con todo, o club catalán non disolveu o resto de equipos da sección e seguiu a traballar cos equipos da súa base, especialmente o sub‑20, que seguiu a disputar competicións federadas.
En maio de 2025 a Federación Catalá de Deportes de Inverno confirmou o regreso do equipo sénior á Liga Nacional de Hockey Hielo logo dun ano apartado da máxima competición do hóckey sobre xeo español. Para o seu regreso o equipo catalán disputará os seus partidos nunha pista de xeo provisional que entrará en funcionamento no último trimestre dese mesmo ano, á espera da finalización da pista definitiva nos arredores do Camp Nou. En xuño anunciouse a chegada do sueco Petri Liimatainen como adestrador do equipo no seu regreso á elite.
Pavillón miniatura|250px|Antiga pista do club no Palau de Gel.
A sección de hóckey sobre xeo do Futbol Club Barcelona xogaba os seus partidos como local no Palau de Gel, inaugurado o 23 de outubro de 1971. O último partido que o primeiro equipo disputou no Palau foi o 3 de abril de 2022, cando o Barça se proclamou campión de liga. No momento da súa demolición era a única pista de xeo permanente na cidade de Barcelona e a máis antiga de España.
Debido ao derrubo do Palau de Gel a causa das obras do Espai Barça, o club comezou a construción dunha nova pista de xeo nos terrens do campo de lanzamento do Esports UB da Universidade de Barcelona, e cun contrato de cesión de catro anos prorrogables a outros dous. A nova pista, de carácter provisional, terá capacidade para 400 persoas no xeo e 350 nas bancadas e está previsto que abra a finais de 2025.
Títulos 7 Ligas españolas: 1986-87, 1987-88, 1996-97, 2001-02, 2008-09, 2020-21 e 2021-22 6 Copas do Rei: 1975-76, 1976-77, 1981-82, 1996-97, 2014-15 e 2018-19
Participacións na Copa de Europa Tempada Rolda Adversario Resultado(s) 1997-98 1ª Rolda 20px Alba Volán20px Sportina Bled 15px 2-1115px 0-13 2002-03 1ª Rolda 20px Tilburg Trappers20px KHL Zagreb20px HC Riga 15px 4-1115px 1-415px 4-12 2003-04 1ª Rolda 20px Phantoms Deurne 20px|Espagne CH Jaca20px Amstel Tijgers Amsterdam 15px 4-415px 3-515px 2-23
Balanzo europeo Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra Diferenza 8 0 1 7 20 83 -63
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da sección no sitio web oficial do FC Barcelona
Hóckey sobre xeo FC Barcelona