Skindred é un grupo de metal Galés de Newport. A banda formouse no 1998 tralo abandono do cantante Benji Webbe do seu anterior grupo, Dub War. O estilo musical de Skindred mestura metal alternativo, punk e reggae. O grupo define o seu estilo como "Ragga metal".

Historia Dub War formouse en Newport, Gales en 1993, firmando có selo discográfico Earache Records. Este grupo separouse no 1998, e Webbe formou Skindred có baixista Daniel Pugsley, o guitarrista Mikey Dee, e o batería Dirty Arya despois de que Webbe fora incapaz de xuntar nun novo proxecto aos outros membros Dub War. En 2002, Skindred lanzou o seu álbum de debut, Babylon. Tras ser remasterizado en 2003 baixo outro selo, o álbum lanzouse finalmente con Lava Records o 14 de agosto de 2004.

En Estados Unidos, o álbum chegou ao nº1 na lista Billboard "Top Reggae Albums", ao nº5 na lista "Top Heatseekers" e ao nº189 na Billboard 200, e o single "Nobody" chegou ata o nº14 na lista Mainstream Rock Tracks e ao nº23 na lista Modern Rock Tracks en 2004. O 23 de outubro de 2007, Skindred lanzou o seu segundo álbum, Roots Rock Riot con Bieler Bros. Records. En Estados Unidos, o álbum chegou ao nº6 na lista Top Heatseekers e ao nº22 na Top Independent Albums.

Membros Benji Webbe — vocalista Mikey Demus — guitarra Dan Pugsley — baixo Arya Goggin — batería

Antigos membros Jeff Rose — guitarra Martyn "Ginge" Ford — batería

Discografía

Ano Álbum 2002 Babylon 2007 Roots Rock Riot 2009 Shark Bites and Dog Fights

Sinxelos Ano TítuloÁlbum 2004 "Nobody"Babylon "Pressure" 2007 "Ratrace"Roots Rock Riot 2008 "Trouble" 2009 "Electric Avenue"Electric Avenue - Single 2009 "Stand for Something"Shark Bites and Dog Fights

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1998