Gabu é a principal cidade do leste de Guinea-Bissau e capital da rexión homónima, a súa poboación estimada para 2010 é de 37.525 habitantes, o que a converte na segunda cidade do país despois da capital. Foi o centro do reino de Kaabu ata a súa conquista polo reino de Fouta Djallon en 1867. Gabu ten importancia como centro comercial do leste do país e do comercio con Guinea e o Senegal. Durante a época colonial chamouse Nova Lamego .
Notas
Categoría:Cidades de Guinea-Bissau