Ramom Pinheiro Almuinha, "Chito", nado en Vigo en xuño de 1975, é músico, produtor e historiador musical galego.
Traxectoria Discípulo de Moxenas, Ramom Pinheiro licenciouse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Historia da música galega no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, e director artístico da editorial discográfica Ouvirmos. Foi membro do Consello asesor do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, e docente de Historia da música galega na Central Folque (Compostela). Ten colaborado en diversas ocasións con grupos musicais, especialmente con Chouteira. É o director artístico da Central Folque-Centro Galego de Música Popular.
Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega A traxectoria de Ramón Pinheiro no mundo da música Folque.com
Categoría:Historia da música en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela