Shangri-La é unha extensa e escura rexión da lúa de Saturno, Titán, situada a 10° S 165° O. Recibiu o nome de Shangri-La, o mítico paraíso situado no Tíbet. Pénsase que esta rexión é unha inmensa planicie de materiais escuros e tamén se especula con que no pasado posuíse mares, aínda que hoxe en día esta rexión está seca, de feito foron detectadas dunas e coa axuda do radar da sonda Cassini estase a estuda-la dirección das mesmas e a posible influencia sobre estas dunas da gran rexión de Xanadu que está situada o leste de Shangri-La.
esquerda|400px|miniatura|Mapa cos nomes dos principais accidentes xeolóxicos de Titán.
Shangri-La é estudado con intensidade debido ás numerosas faculae que existen dentro da rexións, así coma pola existencia de cráteres no interior desta rexión coma Guabonito, a parte de ser fronteiriza con grandes rexións, Xanadu no leste, Adiri no oeste, e Dilmun no norte. No mapa de Titán que se pode atopar a esquerda, inclúese a localización exacta do lugar de aterraxe da sonda Huygens.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Titán Xanadu Lista dos accidentes xeolóxicos de Titán
Ligazóns externas
Imaxe das rexións de Adiri e Shangri-La
Categoría:Titán