O termo Carregal é un fitónimo que fai referencia, tanto en galego como en portugués, a un terreo pantanoso no cal abunda a «cárrega» ou «carrega», planta gramínea tamén denominada carriza, propia dese tipo de lugares húmidos ou brañas. Procede do latín (de raíz *) co sufixo derivativo .
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza Carregal, lugar da parroquia de Paradela, no concello de Meis; O Carregal, lugar da parroquia do Mundil, no concello de Cartelle; O Carregal, lugar da parroquia da Rocha, no concello de Friol; O Carregal, lugar da parroquia de San Xián de Marín, no concello de Marín; O Carregal, lugar da parroquia do Burgo, no concello de Muras; O Carregal, lugar da parroquia de Panxón, no concello de Nigrán; O Carregal, lugar da parroquia de Vilacampa, no concello do Valadouro; O Carregal, lugar da parroquia de Alcabre, no concello de Vigo; O Carregal, lugar da parroquia de Valadares, no concello de Vigo; Carregal de Abaixo, lugar da parroquia de Amorín, no concello de Tomiño; Carregal de Abaixo, lugar da parroquia de Árbol, no concello de Vilalba; Carregal de Arriba, lugar da parroquia de Amorín, no concello de Tomiño; Carregal de Arriba, lugar da parroquia de Árbol, no concello de Vilalba.
Lagoa e río de Galiza Lagoa de Carregal, no parque natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, no concello de Ribeira; Río Carregal, afluente do río Deo, na parroquia de Curtis, do concello de Curtis.
Fóra de Galiza
En Portugal Carregal, freguesía do concello de Sernancelhe, no distrito de Viseu; Carregal, lugar da freguesía de Terroso, no concello de Póvoa de Varzim; Carregal do Sal, concello do distrito de Viseu.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
O Carragal, lugar da parroquia de Moncelos, no concello de Abadín.