Janette Anne Dimech, musicalmente coñecida como Jeanette, nada en Londres o 10 de outubro de 1951, é unha cantante británica vencellada á cultura española, intérprete de temas musicais cantados en español, pero tamén en catalán, inglés e francés.
Traxectoria Filla de nai canaria, natural de Santa Cruz de Tenerife e pai do antigo Congo Belga, de ascendencia maltesa, os pais de Jeanette coñecéronse na capital británica, cando as Illas Canarias comerciaban con Gran Bretaña na exportación e importación de froiteiras. Os avós maternos da cantante, ambos os dous dedicados ao comercio e aos negocios, decidiron inmigrar xunto á súa nai a Londres.
Jeanette naceu e viviu en Londres até 1953, cando os seus pais se mudaron aos Estados Unidos instalándose primeiro en Chicago e a partir de 1961 nos Ánxeles, onde anos máis tarde naceron os seus dous irmáns máis novos. O divorcio dos pais afectou á cantante, quedando a custodia en poder da súa nai, quen decidiu volver ao seu país de orixe, instalándose en Barcelona a partir de 1964, onde entra a formar parte do grupo Brenner's Folk que derivarían en Pic-Nic.
Tras a desintegración de Pic-Nic, a moza de 18 anos decide casar con Laszio Kristofe, un amigo do exfutbolista de orixe húngara Zoltán Czibor e comeza a súa vida en Viena, dedicada a labores rutineiros domésticos. Mais, a compañía Hispavox pensou na voz da vocalista de Pic-Nic así que non dubidou en buscala para empezar unha aventura musical. Despois Jeanette instálase en España, onde coñece a moitos compositores.
Discografía Con Pic-Nic 1968: Pic-Nic 1969: Cállate, niña
Como Jeanette 1973: Palabras, promesas 1976: Porque te vas 1977: Todo es nuevo 1981: Corazón de poeta 1983: Reluz 1984: Ojos en el sol 1989: Loca por la música 1996: Sigo rebelde (Recompilatorio)
Véxase tamén Ligazóns externas Tema Solo queda, interpretado pola artista Jeanette en My Space
Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1951