Thomas Tallis, nado contra 1505 e finado en Greenwich o 23 de novembro de 1585, foi un compositor inglés.
Traxectoria Comezou a súa carreira como músico de igrexa no século XVI. Ocupa un lugar preponderante en antoloxías de música relixiosa inglesa, e é considerado como un dos mellores no xénero así como tamén un dos mellores compositores da súa épocaFarrell, J: Latin Language and Latin Culture: From Ancient to Modern Times, page 125. New York Cambridge University Press, 2001..
A carreira musical de Thomas Tallis atravesou os reinados de catro reis ingleses: Henrique VIII, Eduardo VI, María (católica) e Sabela (protestante). O período viviu grandes mudanzas na vida relixiosa e no estilo composicional. Boa parte da produción de Tallis foi eclesiástica, aínda que escribise algunhas obras seculares. A súa flexibilidade como compositor certamente garantiu a súa permanencia como figura de proa da música inglesa.
Tallis estudou música na Igrexa pre-Reforma. Con todo foi requisitado por diversos gobernantes para compor músicas tanto para o servizo anglicano como católico, ambas as dúas de gran calidade. Criado preto de Canterbury, os compromisos pronto o levarían a Londres. Tallis era un recoñecido organista, mais pouco hai hoxe das súas pezas para teclado. Datar súas obras é difícil, sobre todo porque el ocasionamente retraballou músicas vellas para un novo proxecto. Coñecido polas floreadas obras en latín, a súa música anglicana, máis simple, é tan elaborada como agradábel de tocar.
Entre súas obras máis famosas están: O Nata Lux de Lumine, If Ye Love Me, Lamentations of Jeremiah, Spem in Alium Nunquam Habui e Laudate Dominum.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Tema If ye love me BBC Radio 3, programa Discovering Music sobre Spem in Alium and related works Música en latín de Thomas Tallis
Tallis Categoría:Nados en 1505 Categoría:Finados en 1585