Maria de Medeiros Esteves Victorino d' Almeida, nada en Lisboa o 19 de agosto de 1965, é unha actriz de cine, televisión e teatro, directora de cine, e cantante portuguesa.

Traxectoria É filla dun director de orquestra e dunha periodista e a súa irmá Inés tamén é actriz. Pasou a súa infancia en Austria e estudou filosofía na Sorbona, mais abandonou para adicarse á interpretación. É diplomada pola École Nationale Supérieure des Arts et Techniques du Théâtre e o Conservatoire National d’Art de París.

Dende 2012 vive en Barcelona, está casada cun español e ten dúas fillas. Fala seis idiomas e foi a primeira muller portuguesa en ser designada pola UNESCO Artista pola paz....Medeiros designated UNESCO Artist for Peace .

Filmografía Coma actriz Silvestre, 1982. Paris vu par... vingt ans après, 1984. La Lectrice, 1988. A divina comédia, 1991. Huevos de Oro, 1993. Pulp Fiction, 1994. Três Irmãos, 1994. El detective y la muerte, 1994. Adão e Eva, 1995. Airbag, 1997. El sudor de los ruiseñores, 1998. Deuxième vie, 2000. Porto da minha infância, 2001. Stranded: Náufragos, 2002. Mi vida sin mí, 2003. Il resto di niente, 2004.IMDb . The Saddest Music in the World, 2004. Dans les cordes, 2007. Riparo, 2007. Mes stars et moi, 2008. O Contador de Histórias, 2009.

Coma directora Capitães de Abril, 2000. Je t’aime moi non plus, 2004.

Discografía A little more blue, 2006. Penínsulas & continentes, 2010.Encontro dixital no xornal El Mundo o 24/02/2010 . Pássaros Eternos, 2013

Premios Entre outros, gañou a Coppa Volpi 1994 da Bienal de Venecia.La Biennale di Venezia, I premi della Mostra .

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1965 Categoría:Cantantes en lingua francesa