Xosé Manuel Piñeiro Borrajo, máis coñecido como Piñeiro ou Superpiñeiro, nado en Vilaboa (Allariz) o 1 de decembro de 1957 e falecido en Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 2025, foi un presentador de televisión e cantante galego. Traxectoria Fillo de Manolo da Rosa, o ferreiro de Vilaboa, licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación, foi educador, profesor de filosofía e ética na Universidade Laboral de Ourense e orientador educativo nos institutos da Finca Sevilla (actual IES Xesús Ferro Couselo) e As Lagoas.

Foi un dos rostros máis recoñecibles da Televisión de Galicia. O seu maior éxito foi o programa Supermartes, que conduciu durante máis dunha década, entre 1992 e 2005. Tamén estivo á fronte de espazos coma Tequelexou, Téquele, téquele ou Acompáñenos, entre outros, e presentou numerosas galas e especiais na mesma canle autonómica. Dende 2011 presenta o programa Bamboleo na canle autonómica. Tamén colaborou na Radio Galega: Sesión Vermú etc.

En novembro de 2018 anunciou a súa retirada temporal da televisión por padecer un cancro (mieloma múltiple). En 2019 volveu á TVG, participando en varios programas, como o de xurado no concurso dos recanteiros do Luar.

Foi columnista de La Región e Atlántico Diario.

Aparicións en series galegas Xosé Manuel Piñeiro apareceu nas seguintes series galegas:

Pratos combinados como Policía Local nas primeiras tempadas (capítulos 4 e 15) e como presentador dun concurso (capítulo 44). Mareas vivas, nun capítulo como el mesmo. Pequeno Hotel, nun capítulo como el mesmo.

Distincións

Premio Rebulir da Cultura Galega (2014).

Medalla Castelao (2020).

Obra

De Piñeiro a Superpiñeiro (2014). A Coruña: Hércules Ed. 200 páxs. ISBN 9788492715923.

Notas

Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1957

Categoría:Finados en 2025

Categoría:Medallas Castelao Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela