Alexis Ruano Delgado, nado en Málaga o 4 de agosto de 1985, é un futbolista español. Actualmente xoga no Deportivo Alavés.
Traxectoria É un defensa central que posúe un gran manexo do xogo aéreo, aínda que tamén pode xogar de lateral dereito ou esquerdo, posto no que debutou co Málaga CF.
Nese club militou dous anos, tras os cales fichou polo Getafe CF tendo un papel importante no club madrileño no ano en que chegaron á semifinal da Copa da UEFA, acumulando un total de 30 partidos ao longo de toda a tempada e con dous goles. No seu paso polo club azulón, o Real Madrid, o Valencia CF e o FC Barcelona viron que era un xogador de moita calidade e querían fichalo. Pero ao final, no verán de 2007 anunciouse a súa fichaxe polo Valencia CF, pechado desde o mercado invernal, desembolsando o club 6,5 millóns de euros polos servizos do xogador por 6 tempadas.
Tras tres tempadas no club de Mestalla marcadas pola irregularidade no seu xogo, varias lesións e non cumprir as expectativas, quedando relegado ao banco o Valencia decide vendelo. O 24 de agosto de 2010 confirmouse a súa fichaxe polo Sevilla FC por seis tempadas cun custo de 5 millóns de euros.
Clubs Actualizado a 23 de agosto de 2010. ClubPaísPeríodoLiga PX (G)Copa PX (G)Málaga BEspaña2001-2004500Málaga CFEspaña2004-2006531Getafe CFEspaña2006-2007314Valencia CFEspaña2007-2010743Sevilla FCEspaña2010- presente00
Palmarés Campionatos nacionais
TítuloClub/SelecciónPaísAnoEuropeo sub-19Selección españolaEspaña2004Copa do ReiValencia CFEspaña2008
Ligazóns externas Ficha de Alexis en El Mundo Foto de Alexis
Categoría:Nados en Málaga Categoría:Nados en 1985 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Beşiktaş JK Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Personalidades sen imaxes