O Baloncesto Fuenlabrada S.A.D. é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Fuenlabrada (Comunidade de Madrid), que xoga actualmente na Primeira FEB. O club foi fundado en 1983, chegando á máxima categoría do baloncesto español por primeira vez en 1996. Xoga os seus encontros como local no Polideportivo Fernando Martín, un pavillón con capacidade para 5 700 espectadores.

Historia Comezos O club foi fundado en 1983 por Miguel Angel Hernández, Julián Aranda e Manuel Antolínez, simultaneamente co Patronato Municipal de Deportes de Fuenlabrada. Tras dous anos na liga local, no ano 1985, logra o ascenso á competición federada. Na temporada 1986 conséguese o patrocinio da Cafetaría Maná, a cal supón unha inxección económica moi importante para o club. Aínda que a cafetaría desapareceu séguese usando o nome nos equipos da canteira como homenaxe a este patrocinador. Naqueles anos xogábase nas pistas do colexio público San Esteban.

Na temporada 1986−1987, o club inscríbese na Segunda División Autonómica, e está a piques de conseguir o ascenso, mais nos playoffs pásalle factura a súa inexperiencia e acaban fracasando no seu primeiro intento. Con todo, na seguinte temporada conseguirían ascender á Primeira División Autonómica. Nesta categoría permanecerá dúas temporadas, de 1988 a 1990, sen conseguir o ascenso á Segunda División Nacional. No ano 1989 o club cambia o seu nome por "A.D. Fuenlabrada". Ademais o equipo trasládase ao ximnasio do Colexio Público Miguel Hernández.

Durante os anos 90 prodúcense dous grandes acontecementos, na temporada 1991−1992 fusiónase co "Club Baloncesto Fuenlabrada Femenino", equipo de baloncesto feminino, pasándose a chamar "Club Baloncesto Fuenlabrada". Baixo a dirección técnica de Armando Polo, Juan Antonio Jiménez Jiménez como presidente e Ricardo Luís Izquierdo como xerente, dáse un salto máis adiante e xógase en Segunda División Nacional, conseguindo ademais que o club teña equipos de formación, e ao termo desta temporada era dun número de catro. O segundo acontecemento foi durante a temporada 1992−1993, co mandato do presidente Juan Antonio Jiménez Jiménez, e coa incorporación como vicepresidente de Fernando Polaina, profesionalízase o club ao mesmo tempo que se fusiona co "Club Baloncesto Torrejon de Ardoz".

Paso fugaz pola ACB Na temporada 1993−1994 o club fíxase o obxectivo de ascender a liga ACB, sen conseguilo nesa temporada. Pola reestruturación que sofre a FEB, o equipo xoga na Liga EBA. Dous ilustres xogadores formaban parte do elenco de xogadores: Roberto Dueñas e Óscar Quintana. Ese mesmo ano o Maná-Fuenlabrada ascende a Segunda División Nacional, con Óscar Quintana no banco. Na temporada 1995−1996, Martín Fariñas ocúpase do banco, e realiza unha excelente fase regular de liga, acabando esta fase en primeira posición. Pero na fase final, as lesións e a inexperiencia acaban por frustrar o obxectivo do ascenso. Aínda así, e debido á mala situación económica do Club Peñas Recreativas de Huesca decide dispor a venda da súa praza na ACB, e coa mediación da liga ACB, véndese ao concello de Fuenlabrada a franquía e a súa praza na Liga ACB. Por estes dereitos e a franquía o Concello abona unha cifra próxima aos 400 millóns de pesetas. O Fuenlabrada é equipo ACB na temporada 1996−1997 por primeira vez.

O equipo fai un grande investimento en xogadores, tanto nacionais como Joe Alonso ou o mozo Salva Guardia, como estranxeiros como Ken Bannister. Aínda así, o equipo cesa a Martín Fariñas polos malos resultados e toma o seu lugar no banco o descoñecido até entón Óscar Quintana, que só quedará no banco temporalmente até que Andreu Casadevall trata de sacar ao equipo dos postos de descenso á LEB. Durante a temporada 1997−1998 o Fuenlabrada descende.

Volta á ACB É na temporada 1997−1998, xogando no LEB onde o Fuenlabrada, onde se constrúe un tamdem que durará case seis anos e que formará a espiña dorsal do persoal do Fuenlabrada. No banco sentará ese ano Óscar Quintana que viña de adestrar ás categorías inferiores do club, e tomando a substitución de Andreu Casadevall. Á vez incorporarase o ala, ex xogador do Breogán e do Tau Cerámica, Velimir Perasović. Outros xogadores o acompañan, como por exemplo Ferrán López e de novo Salva Guardía. Nos playoffs de ascenso, gana primeiro ao Lucentum Alicante e logo na final ao Breogán de Lugo. Ambos os partidos a gana por senllos 3-1 a favor dos madrileños. O Fuenlabrada ascende a liga ACB esta vez por méritos propios.

No seu primeiro ano na ACB, o equipo clasifícase para os playoffs grazas á achega de xogadores como Nate Huffman, Carlos Cazorla, Ferrán López, Salva Guardía e sobre todo Velimir Perasović, que é o máximo anotador da ACB nesa temporada. Nas tres temporadas seguintes, Perasović proclámase de novo máximo anotador da liga e o Jabones Pardo Fuenlabrada clasifícase de novo para os playoffs nas temporadas 2000−2001 e 2001−2002. Nesas tres temporadas destacan David Wood, Chuck Kornegay, Fran Murcia, Pablo Prigioni e José Calderón.

Na temporada 2002−2003 prodúcese a de Velimir Perasović e de José Calderón, mais prodúcese a chegada de ilustres da ACB como Francesc Solana e Richard Scott. Mais a fichaxe que cambiará a temporada é o dun xogador arxentino, descoñecido entón, chamado Walter Herrmann. Pronto se converte na revelación da temporada sendo o MVP, o MVP do All Star e o Máximo Anotador da ACB, sendo traspasado ao final da temporada ao Unicaja de Málaga.

Tras a marcha de Walter Herrmann e Calderón, o equipo vese obrigado a unha gran renovación. O equipo ficha a Javi Rodríguez procedente do Breogán de Lugo, Hurl Beechum aleiro do desaparecido Cáceres C.B. e contrata de novo a Salva Guardia, procedente do Baloncesto Granada. Francesc Solana segue como capitán e no banco mantense Óscar Quintana. Tras unha das temporadas máis axustadas que se lembran, o equipo descende tras unha gran remontada do Etosa Alacant nas últimas xornadas de liga regular. Tres xornadas antes, Óscar Quintana abandona o banco, deixando tras de se unha gran polémica sobre a súa marcha.

Un ano na LEB e volta á ACB Na temporada 2004−2005, o Fuenlabrada atópase na tesitura de volver montar un bloque. Durante este ano, o Fuenlabrada acaba líder da liga regular. Meses despois, tras asegúrase o ascenso nunha agónica eliminatoria contra o Huelva. Na temporada 2005−2006 a directiva do club aposta por un bloque xa consolidado na liga LEB, con algunha cara nova, finalizando a temporada en décimo lugar. A nova temporada 07 empeza cunha renovación bastante importante do persoal, aínda que mantén os alicerces básicos da anterior. A directiva do club madrileño fixo catro incorporacións de cara a esta campaña, foron Gerald Brown base procedente do Breogán ao que chegara en metade de temporada procedente do Partizan de Belgrado, a Andrés Miso, ao veterano José Antonio Paraíso e o ala-pivote lituano Virginijus Praskevicius. O equipo terminou a temporada na décimo segunda con 14 vitorias e 20 derrotas.

A temporada 2007−2008 iniciouse con cambios no cadro de xogadores, logrando por pouco a permanencia na ACB. A temporada 2008−2009 supuxo unha gran renovación, presentándose presentaron moitas novidades, conseguindo outro ano máis a permanencia. Desde a temporada 2011−2012, o club sofre por salvar a categoría, case sempre con éxito. As excepecións son a temporada 2014−15, onde o Fuenlabrada, após ficar no último lugar da liga, acada a salvación nos despachos, e a temporada 2019−20, onde tras ocupar o posto 17, decídese que non habería descensos debido á pandemia de COVID-19.

Xogadores Cadro actual

Destacados

José Ángel Antelo José Miguel Antúnez David Brabender Antonio Bueno Carlos Cabezas José Manuel Calderón Quino Colom Roberto Dueñas Pedro Fernández Rodrigo de la Fuente Salva Guardia Oriol Junyent José Luis Llorente Ferrán López Andres Miso Román Montañez Fran Murcia José Antonio Paraíso Xavi Rabaseda Javi Rodríguez Sergio Sánchez Francesc Solana Sergi Vidal Walter Herrmann Pablo Prigioni Nicolás Richotti Lucas Nogueira Marko Popović Velimir Perasović Marko Tomas Tim Burroughs Devin Davis Jackie Espinosa Chuck Kornegay Brad Oleson Andy Panko Richard Scott Gustavo Ayón Luboš Bartoň Bismack Biyombo Christian Eyenga James Feldeine

Dorsais retirados Dorsais retirados polo Fuenlabrada N°XogadorPosiciónEtapa 2 Marko Popović Base 2015–2019 6 Velimir Perasović Escolta 1997–2002 8 Salva Guardia Ala-pivote 1996–2001, 2003–2008, 2010–2011 10 Ferrán López Base 1997–2001, 2004–2009 13 Francesc Solana Ala 2002–2007

Galardóns individuais Mellor xogador da ACB Wálter Herrmann – 2003

Xogador revelación da ACB Brad Oleson – 2009 Gustavo Ayón – 2011

Segundo mellor quinteto da ACB Marko Popović – 2016

Campión do Concurso de Triplas da ACB Sergiy Gladyr – 2012

Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do Fuenlabrada desde 1993.

Óscar Quintana (1993–1995) Martín Fariñas (1995–1996) Óscar Quintana (1996–1997) Andreu Casadevall (1997) Óscar Quintana (1997–2004) Luis Casimiro (2004–2008) Luis Guil (2008–2009) Chus Mateo (2009) Salva Maldonado (2009–2011) Porfirio Fisac (2011–2012) Trifón Poch (2012–2013) Chus Mateo (2013−2014) Luis Casimiro (2014–2015) Hugo López (2015) Jesús Sala (2015) Žan Tabak (2015) Jota Cuspinera (2015–2017) Néstor García (2017–2018) Agustí Julbe (2018) Che García (2018–2019) Jota Cuspinera (2019–2020) Paco García (2020) Javier Juárez (2020–2021) Josep Maria Raventós (2021–presente)

Palmarés LEB Ouro Campións (1): 2004–05 Subcampións (1): 1997–98 Copa Príncipe Campións (2): 1998, 2005 Torneo Comunidad de Madrid Campións (1): 1998 Subcampións (7): 2000, 2002, 2005, 2006, 2007, 2009, 2010

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1986–87 5 2ª Autonómica 1987–88 4 1ª Autonómica 1988–89 4 1ª Autonómica 1989–90 4 1ª Autonómica 1990–91 3 2ª División 1991–92 3 2ª División 11th 6–16 1992–93 2 1ª División 17º 16–18 1993–94 2 1ª División 12º 22–10 1994–95 2 EBA 26–10 1995–96 2 EBA 1996–97 1 ACB18º 4–33 1997–98 2 LEB2º 23–11 Copa Príncipe 1º1998–99 1 ACB 7º 18–19 Cuartos de final1999–00 1 ACB 15º 11–23 3 Copa Korać 3–32000–01 1 ACB 7º 20–17 Cuartos de final2001–02 1 ACB 7º 19–18 3 Copa Korać CF 5–52002–03 1 ACB 14º 14–20 2 Copa ULEB 3–72003–04 1 ACB 17º 13–21 2004–05 2 LEB1º 34–9 Copa Príncipe 1º2005–06 1 ACB 10º 15–19 2006–07 1 ACB 12º 14–20 2007–08 1 ACB 13º 13–21 2008–09 1 ACB 9º 15–17 2009–10 1 ACB 15º 12–22 2010–11 1 ACB 7º 20–16 2011–12 1 ACB 16º 12–22Cuartos de final3 EuroChallenge CF 11–42012–13 1 ACB 14º 12–22 2013–14 1 ACB 15º 12–22 2014–15 1ACB18º 8–26 2015–16 1 ACB 8º 17–19Cuartos de final2016–17 1ACB 12º 12–20 2 EuroCup 6–8 2017–18 1ACB 9º 17–17Cuartos de final2018–19 1ACB 13º 13–21 3 Champions League 3–112019–20 1ACB 17º 5–17 Supercopa SF2020–21 1ACB 15º 12–24

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Fuenlabrada Perfil do Fuenlabrada en acb.com

Fuenlabrada Categoría:Fuenlabrada