Antonio Rodríguez Dovale, coñecido como Toni Dovale, nado na Coruña o 4 de abril de 1990, é un futbolista galego. Xoga como extremo no Eastern SC, da Primeira División de Hong Kong. Debutou como profesional en 2009 nas filas do Celta de Vigo, e durante os seguintes anos militou en clubs de seis países (España, Estados Unidos, a India, Chipre, Tailandia e Hong Kong).
Traxectoria
Comezos Nado na Coruña, comezou xogar desde cativo no Ural e no Obradoiro para finalmente no ano 2002 recalar nas categorías inferiores do FC Barcelona. En 2005 regresou a Galiza para xogar nas categorías inferiores do Celta de Vigo.
Celta de Vigo Con 19 anos debutou profesionalmente co club vigués, sendo titular no partido que enfrontou aos celtiñas contra o Numancia no Estadio de Balaídos o 29 de agosto de 2009. O partido, correspondente á primeira xornada da tempada 2009/10 da Segunda División, rematou con derrota para os locais por 1–2. Disputou un total de 16 encontros esta tempada, marcando dous goles, contra Las Palmas e Nàstic.
Despois dunha breve cesión en 2011 ao Huesca, da mesma categoría, na tempada 2011–12 disputou 34 partidos co Celta e anotou dous goles, contribuíndo deste xeito ao regreso do club celeste á Primeira División despois de cinco anos de ausencia. Fixo o seu debut na máxima categoría o 18 de agosto de 2012 na derrota por 0–1 ante o Málaga CF. Aínda que o seu futuro semellaba incerto no Celta despois da chegada do adestrador Luis Enrique no verán de 2013, ficou finalmente no club onde foi reconvertido a lateral esquerdo.
Sporting Kansas City En marzo de 2014 desvencellouse do Celta e asinou co Sporting Kansas City da Major League Soccer estadounidense. Alí marcou o seu primeiro gol o 27 de maio, no empate 1-1 na casa ante os New York Red Bulls. O 19 de agosto debutou nunha competición continental, na primeira xornada da Liga de Campións da CONCACAF contra o Real Estelí no estadio Independencia de Nicaragua, marcando o gol que colocou o empate definitivo 1-1. No seguinte encontro do torneo, marcou dous goles na vitoria por 3-1 sobre o Deportivo Saprissa de Costa Rica.
Lugo Tras a fin da tempada da MLS, volveu a Galiza para adestrar co Club Deportivo Lugo da Segunda División, club polo que fichou finalmente o 29 de xaneiro de 2015 até final de tempada. Xogou 20 partidos no equipo de Quique Setién, anotando 3 goles.
Leganés e cesión a Vallecas En xuño de 2015 fichou polo Leganés, tamén de Segunda. Disputou 18 encontros no equipo adestrado por Asier Garitano, e conseguiu o seu segundo ascenso a Primeira. Na seguinte tempada no contou con minutos e no mercado invernal saíu cedido ao Rayo Vallecano.
Bengaluru En 2017 volveu saír ao estranxeiro, fichando polo Bengaluru indio. No equipo de Bangalore tivo como adestrador ao catalán Albert Roca e entre os seus compañeiros a Miku, Juanan, Dani Segovia ou Víctor Pérez. En febreiro de 2018 fixo historia ao ser o primeiro futbolista do club en marcar un triplete nunha competición oficial da AFC. Foi nun partido da Copa AFC contra o TC Sports maldivano. Acabou a tempada como subcampión da Superliga da India, por detrás do Chennaiyin.
Nea Salamis e cesión ao East Bengal En setembro de 2018 fichou polo Nea Salamis de Chipre, e uns meses despois regresou á India, cedido polo club chipriota ao East Bengal de Calcuta. Co club calcutense, adestrado polo asturiano Alejandro Menéndez, rematou subcampión da I-League, só por detrás do Chennai City.
Navy FC En 2019 sumou un novo país á súa traxectoria, asinando co Navy FC da segunda división de Tailandia. O equipo de Chonburi, que viña de descender dende a máxima categoría, realizou unha mala tempada, e acabou no antepenúltimo posto.
El Ejido Despois de rematar a tempada co club tailandés, regresou a Galiza, onde o sorprendeu a pandemia de COVID-19. Coa carreira de Farmacia rematada dende había uns anos, aproveitou para facer as prácticas na farmacia da súa familia na Coruña. Uns meses despois comezou a adestrar co Racing de Ferrol, e en xaneiro de 2021 asinou co CD El Ejido, co que disputou o que restaba da tempada 2020/21 da Segunda División B.
Eastern SC En setembro de 2021 volveu facer as maletas, esta vez con destino a Hong Kong, onde fichou polo Eastern SC, club da Primeira División dirixido por un adestrador galego, o Chino Losada. Debutou na máxima categoría hongkonesa nun partido contra o Kitchee no estadio Mong Kok.
Estatísticas ClubTempadaLigaCopaContinentalOutrosInclúe partidos da Sapling Cup.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesCelta de Vigo B2007–085000----502008–091000 --- -102009–1020600 ----206Total club266000000266Celta de Vigo2009–1012240 - - - -1622010–110010 ----10Huesca2010–1116100 - ---161Celta de Vigo2011–1230241 - - - -3432012–1314020 - - - -1602013–1412010 - - - -130Total club6841210000805Sporting Kansas City2014191 - -43 - -234Lugo2014–1520300 - - - -203Leganés2015–1614140 - - - -1812016–170010 - - - -10Total club141500000191Rayo Vallecano2016–172000 - - - -20Bengaluru FC2017–181204063 - -223Nea Salamis2018–190000 - - - -00East Bengal2018–1911000 - - - -110Navy FC20198200 - - - -82El Ejido2020–2118000 - - - -180Eastern SC2021–2240110061112Total carreira218182221066125627
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do xogador en Transfermarkt .
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Sporting Kansas City Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Bengaluru FC Categoría:Xogadores do Nea Salamis Famagusta FC Categoría:Xogadores do SC East Bengal Categoría:Xogadores do Navy FC Categoría:Xogadores do CD El Ejido Categoría:Xogadores do Eastern Sports Club Categoría:Xogadores do Coruxo FC