Roberto Lago Soto, nado en Vigo o 30 de agosto de 1985, é un exfutbolista galego, que xogaba de lateral esquerdo. Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Celta de Vigo, no que militou dende as súas categorías inferiores ata o primeiro equipo. Xogou tamén no Getafe e no APOEL de Nicosia.

Traxectoria Formouse na canteira do Celta de Vigo, debutando co Celta B na Segunda División B na tempada 2003/04. Xogou as seguintes tres tempadas co filial, subindo ao primeiro equipo na tempada 2007/08, aínda que xa realizara anteriormente a pretempada co primeiro equipo.

Debutou na primeira xornada da Segunda división contra o Córdoba en Balaídos, da man de Hristo Stoichkov. Nas categorías inferiores do Celta alternara varias posicións, comezando no lateral esquerdo, pasando a xogar de mediocentro nos seus primeiros pasos no Celta de Vigo B e nos seus adestramento co primeiro equipo, aínda que finalmente volveu ao lateral esquerdo e nesa posición é na que se afianzou como profesional.

Foi titular na maioría de partidos das seguintes seis tempadas, logrando na penúltima delas o ascenso á Primeira División. Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 2012/13 contra o Málaga en Balaídos. Ao remate da campaña non renovou o seu contrato co Celta, ao non satisfacer este as súas aspiracións económicas, e deixou o club despois de 18 anos nas súas filas, seis deles no primeiro equipo, co que disputou 209 partidos oficiais.

Fichou entón polo Getafe CF, tamén de Primeira. Xogou no club madrileño tres tempadas, perdendo a categoría ao remate da 2015/16. Tralo descenso marchou a Chipre, onde asinou contrato co APOEL de Nicosia, no que xogou ata 2018, gañando dúas ligas chipriotas e xogando a Europa League e a Liga de Campións. Ao seu regreso de Chipre deixou o fútbol por unha lesión de xeonllo.

Clubs EquipoCategoríaAnoPartidosGolesCelta de Vigo BSegunda B2003-200430Celta de Vigo BSegunda B2004-2005212Celta de Vigo BSegunda B2005-2006322Celta de Vigo BSegunda B2006-2007290Celta de VigoSegunda2007-2008341Celta de VigoSegunda2008-2009261Celta de VigoSegunda2009-2010371Celta de VigoSegunda2010-2011373Celta de VigoSegunda2011-2012381Celta de VigoPrimeira2012-2013371Getafe CFPrimeira2013-2014220Getafe CFPrimeira2014-2015190Getafe CFPrimeira2015-2016170APOELPrimeira2016-2017170APOELPrimeira2017-2018201

Palmarés APOEL FC

Primeira división de Chipre (2): 2016/17, 2017/18.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en www.celtavigo.net Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do APOEL FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia