Daneiro é un lugar da parroquia de San Cremenzo de Pazos no concello coruñés de Zas da Comarca da Terra de Soneira. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).
Demografía Na seguinte gráfica pode visualizarse unha forte diminución da poboación entre 1960 e 1970:
Isto débese a que neste lugar a estrutura socioeconómica do Antigo Réxime chegou até aínda mediados do século XX: nos anos sesenta o propietario do pazo e das terras de Daneiro obrigou os seus colonos a abandonar as terras que traballaban para así dedicalas a unha explotación madeireira (fundamentalmente de eucaliptos, aínda que coa excepción dun bosque de secuoias na beira esquerda do río do Porto), a cambio de indemnizacións.
Foron dous os lugares da contorna abandonados e desaparecidos por este último motivo: A Calabanda (tamén chamada A Pedra que Tangue) e A Cotela, ambos os dous na parroquia de San Cremenzo de Pazos.
Patrimonio Pazo de Daneiro, do século XVII. Lugares e parroquias Lugares de San Cremenzo de Pazos
Parroquias de Zas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Zas
Daneiro