Carlos Álvarez Fernández-Cid, nado en Santiago de Compostela en maio de 1918 e finado en Ribadeo no ano 1984, foi un farmacéutico e afeccionado á música galego.
Traxectoria Nado en Santiago, chegou a Ribadeo antes de cumprir o ano. Farmacéutico, deu clases no instituto á súa creación. A súa faceta como músico é a que fixo del un persoeiro en Ribadeo. Ós 16 anos era organista da igrexa e director do Coro Parroquial. Dirixiu a tuna universitaria de Santiago nos anos 1943 e 1944 e tamén a Banda Municipal de Ribadeo no 1946 e logo en 1949. No 1948 dirixiu unha formación musical en Abres.
Creou en 1955 e mantivo en Ribadeo a Coral Polifónica até o 1983, así como animou diversas outras formacións musicais. Refundou unha rondalla en funcionamento nos anos 1960 e 70,
Centenario Durante o 2018, ano do centenario do seu nacemento, organizados pola Coral Polifónica de Ribadeo e a Sociedade Filantrópico Dramática, preparáronse en Ribadeo diversos actos para a súa celebración, como a descuberta dunha placa na súa casa ou a charla de inicio de curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo sobre a súa figura.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Carlos Álvarez Lebredo, 2003: Cincuenta anos de música en Ribadeo. Biografía musical de Carlos Álvarez e Fernández-Cid. Deputación Provincial de Lugo. ISBN 84-8192-222-6. Coral Polifónica de Ribadeo, 2005: 50 aniversario Coral Polifónica de Ribadeo 1955 - 2005. Deputación Provincial de Lugo.
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Farmacéuticos de Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1984 Categoría:Nados en 1918 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes