Pamela "Pam" Denise Anderson, nada en Ladysmith (Columbia Británica), en 1967, é unha actriz e modelo canadense-estadounidense. É coñecida por interpretar a salvavidas C. J. Parker na serie de televisión Baywatch, na que tivo un papel entre os anos 1992 e 1997. Así mesmo participou en películas, comerciais, comedias de situación e programas de telerrealidade. Ao longo da súa carreira pousou en varias ocasións para a revista Playboy.

Infancia e inicios da súa carreira Anderson naceu en Ladysmith (Columbia Británica), unha poboación a 90 km ao noroeste de Victoria, Columbia Británica, filla de Carol, unha camareira, e de Barry Anderson, reparador de fornos.Pamela Anderson Biography (1967-) O seu bisavó, Juho Hyytiäinen, era finlandés nativo de Saarijärvi, e foise de Finlandia en 1908, cambiando o seu nome a Anderson cando chegou como inmigrante. Anderson ten devanceiros holandeses por parte da súa nai.

Referencias

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Actores do Canadá Categoría:Modelos femininas do Canadá Categoría:Nados na Columbia Británica Categoría:Nados en 1967 Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América