James Leroy Wright Jr., máis coñecido como Jim Wright ou Jimmy Wright, nado o 28 de marzo de 1959 no estado de California, Estados Unidos, e falecido o 28 de novembro de 2022, foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou na NCAA e na Liga ACB, entre outras competicións. Está considerado un dos mellores "matadores" historia da ACB.Os 50 mellores matadores O seu fillo, Devin Wright, é tamén baloncestista profesional.

Traxectoria 20px|border|Estados Unidos Rhode Island Rams (1977−1981) 20px|border|Venezuela Los Andinos (1983) 20px|border|España Peñas Huesca (1983–1984) 20px|border|Galicia Breogán Lugo (1984–1986) 20px|border|Arxentina Cañada Santa Fé (1986) 20px|border|España Peñas Huesca (1986–1987) 20px|border|Galicia Bosco Coruña (1987–1988) 20px|border|España Valvi Girona (1988–1989) 20px|border|Portugal SL Benfica (1991)

Marcha do Breogán En plena tempada de éxitos do Breogán, Jim Wright di que abandona o equipo tralo seu partido o 29 de xaneiro de 1986 no Pionir Hall de Belgrado, nun encontro no que anotou 42 puntos ao Estela Vermella. Segundo o club no seu momento, o abandono do club do xogador debíase a presuntas ameazas de morte por parte da xente que subministraba cocaína ao xogador, droga a cal as mesmas fontes do club dicían que estaba enganchado. Segundo a versión de Wright abandonaba o club por mor de problemas persoais. Con todo a lembranza que deixou o xogador en Lugo foi moi grande sendo un dos ídolos da afección e un dos xogadores máis queridos.

Rexistros É o quinto xogador da historia da liga ACB con maior media de puntos por encontro con 22,5. É o décimo xogador da historia da liga ACB con maior media de rebotes por encontro con 9,4. É o quinto máximo anotador da historia do Club Baloncesto Breogán de Lugo con 1254 puntos. É o cuarto máximo anotador da historia do Club Baloncesto Breogán de Lugo durante a existencia da ACB con 1254 puntos. É o quinto máximo reboteador da historia do Club Baloncesto Breogán de Lugo con 532 rebotes. É o cuarto máximo taponador da historia do Club Baloncesto Breogán de Lugo con 84 tapóns.

Vida persoal Tivo un papel con diálogo na película "La vieja música" (do castelán: A vella música), na que interpretaba o pivote titular do Club Baloncesto Breogán, Art Davis, que se fai amigo da filla pequena do adestrador.La vieja música en imdb.com O seu fillo Devin Wright, nacido en Lugo, é tamén xogador de baloncesto, chegando a xogar coa selección galega.Adepal reforza o seu xogo interior coa incorporación do pivote Devin Wright

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com Ficha en worldhoopstats.com Ficha en basketball-reference.com

Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do CB Girona Categoría:Xogadores do CB Peñas Huesca Categoría:Xogadores do SL Benfica (baloncesto) Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en California