Alfons Alzamora Ametller, nado en Palma o 20 de maio de 1979, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga para o Lleida Bàsquet da Liga LEB. Mide 2,06 metros, pesa 109 kg e xoga na posición de pivote.
Traxectoria Formado nas categorías inferiores do FC Barcelona, debutou na Liga ACB o 21 de setembro de 1997, con 18 anos. Durante tres anos combinou as súas actuacións no Barcelona B co primeiro equipo. Na tempada 1998-1999 participou na consecución da Copa Korać. Tras un ano de cesión no Caprabo Lleida da Liga LEB, en 2001 regresou ao FC Barcelona de Svetislav Pešić, onde xogou dúas tempadas. Nese período participou na consecución da Euroliga, unha Liga ACB e unha Copa do Rei de Baloncesto.
En 2003 fichou polo Club Joventut de Badalona, onde xogou unha tempada, para pasar a xogar despois co Leite Río Breogán as dúas seguintes tempada (2004-2006). En agosto de 2006 asinou co Vive Menorca e posteriormente co Ricoh Manresa.
Clubs FC Barcelona (categorías inferiores) 1995-1997: FC Barcelona Junior 1997-2000: FC Barcelona (Liga EBA) e FC Barcelona 2000-2001: Caprabo Lleida (Liga LEB) 2001-2003: FC Barcelona 2003-2004: Club Joventut de Badalona 2004-2006: Leite Río Breogán 2006-2007: Vive Menorca 2007-2011: Ricoh Manresa Dende 2011: Lleida Bàsquet
Palmarés Títulos internacionais de selección Medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de Tunisia 2001, coa Selección de baloncesto de España B. Medalla de prata no Eurobasket cadete de Lisboa 1995, coa Selección española cadete.
Títulos internacionais de club 1 Euroliga: 2002-2003, co FC Barcelona. 1 Copa Korać: 1998-1999, co FC Barcelona.
Títulos nacionais de club 1 Liga ACB: 2002-2003, co FC Barcelona. 1 Copa do Rei: 2002-2003, co FC Barcelona.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha ACB de Alfons Alzamora
Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Lleida Bàsquet Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Menorca Bàsquet Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Nados en Palma Categoría:Nados en 1979