Primitiva Nécega Gallo, coñecida como Primi Nécega, nada en Foz o 11 de setembro de 1930, e fenecida en Burela o 3 de novembro de 2024, foi unha escritora galega. Publicou multitude de historias, moitas delas en xeito de conto. En xeral, aínda que a súa obra é de raizame galega, publica en castelán.
Traxectoria Medrou en Foz, pero dende antes de 1949 estaba aveciñada en Ribadeo, onde casou, tivo dous fillos e enviuvou nova. Os seus últimos anos pasounos na Residencia de Maiores de Ribadeo.
Desenvolveu o seu labor dende os dezasete anos en Ribadeo. Por 1949 comezou a publicar artigos en Las Riberas del Eo animada polas súas amigas para contestar os artigos do pseudónimo Juan Montemar, que criticaba as mulleres. A continuación publicou en diversos medios e foi colaboradora habitual de La Comarca del Eo. Nos primeiros tempos fixo uso de diversos pseudónimos, uns para obras en castelán, e outros para obras en galego, como La orquídea roja, P.R. ou P.N.
A súa obra ten unha certa descontinuidade no tempo, debido ás vicisitudes persoais da autora. A súa obra abrangueu diversos campos e a súa meirande produción é como contista, con contos relacionados gran parte das veces coa súa propia historia, e cando non, con historias populares, por exemplo, referidas ó Nadal.
Obras alt=Portada de 'Despertar'|miniatura|Portada de Despertar. Despertar, libro de poesías en castelán (1997, 1ª edición; 2000, 2ª edición).
El Govi (conto). Cuentos y relatos (2012). A romaría de Santa Cruz (colaboración, vídeo).
Distincións Premio Fundación iniciativas 21 (2009).
Foi pregoeira na Xira de Santa Cruz (2001) e no Entroido de Ribadeo (2004), entre outros actos.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1930
Categoría:Finados en 2024