O Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid (en castelán: Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid), oficialmente coñecido por motivos de patrocinio como WiZink Center, é un pavillón polideportivo cuberto da Cidade de Madrid, España. Ten capacidade para 15.000 espectadores en partidos de baloncesto e de 14.000 para balonmán.
Historia O antigo edificio, construído en 1960, foi destruído por un incendio en 2001. Os arquitectos Enrique Hermoso e Paloma Huidobro proxectaron un novo pavillón estilo High-Tech que foi construído no mesmo lugar entre 2002 e 2005.
O pavillón acolleu dous eventos de grande importancia de baloncesto dende a súa reapertura, o Eurobasket 2007 e a final da Euroliga do ano seguinte. Tamén acolleu a Copa do Rei de baloncesto de 2006.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Pavillóns de España Categoría:Pavillóns de baloncesto de España Categoría:Deporte en Madrid