Eduard Anatolyevich Khil, en ruso Эдуард Анатольевич Хиль, nado en Smolensk o 4 de setembro de 1934 e finado en San Petersburgo o 4 de xuño de 2012, foi un barítono ruso. Foi nomeado Artista do pobo da URSS en 1974.
Traxectoria Despois do seu retiro como cantante, Khil lentamente pasou ao anonimato. Con todo, en 2010 acadou son internacional ao devir famoso un vídeo musical seu de 1976, "Trololó", en YouTube, onde interpreta unha versión vocal da canción "Я очень рад, ведь я, наконец, возвращаюсь домой" ("Estou moi ledo, por fin regreso a casa").
Filmografía Cheryomushki (Черёмушки) (1965). Eduard Khil, documental dirixido por Marina Goldovskaya (1974). Golubye goroda (Голубые города, "Cidades azuis"; concerto, música por Andrey Petrov) (1985). Yatinsotests (2004).
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista con Khil Sitio do vídeo Trololó
Categoría:Barítonos Categoría:Nados en Smolensk Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2012