Baltasar Merino Román, tamén coñecido como Padre Merino, nado en Lerma (Burgos) o 6 de xaneiro de 1845 e finado en Vigo o 3 de xuño de 1917, foi un relixioso xesuíta, reputado meteorólogo, botánico e pteridólogo español.

Traxectoria Polas súas funcións como sacerdote exerceu a docencia na Habana e en Maryland . En 1880 foi destinado ao Colexio Apóstol Santiago da Pasaxe (Camposancos, A Guarda). Entre outras persoas, deu clase ao matemático e astrónomo Ramón María Aller Ulloa.

O 2 de marzo de 1909 foi un dos membros fundadores da Sección de Santiago da Real Sociedad Española de Historia Natural, da que foi presidente, con outros importantes naturalistas galegos como Antonio Eleicegui, César Sobrado, Armando Cotarelo Valledor, Eugenio Labarta ou José Deulofeu. Foi electo presidente da Sociedad Aragonesa de Ciencias Naturales en 1914 e da Academia Internacional de Xeografía Botánica en 1915..

Relacionouse con varios científicos da súa época, como o botánico Carlos Pau Español e o naturalista Víctor López Seoane.

Meteoroloxía Foi un dos promotores da rede de estacións pluviométricas de España. Entre 1887 e 1905 dirixiu a estación meteorolóxica do Colexio, instalada en 1880.

A raíz dunha galerna que levou a vida de 120 mariñeiros de Póvoa de Varzim o 27 de febreiro de 1892, propúxose estudar a predición meteorolóxica, publicando no 1983 o Estudio sobre las borrascas en la costa occidental de Galicia, e propoñendo a raíz de dito estudo que as embarcación levasen pequenos barómetros (inventados uns corenta anos antes) para a predición das borrascas.

Interese pola flora galega e os científicos de Galicia miniatura|dereita|Capa do volume I da Flora descriptiva é ilustrada de Galicia, do P. Merino.

No prólogo do volume I da súa Flora descriptiva é ilustrada de Galicia, Merino di:

E nas Dos palabras al lector, a xeito de prólogo do volume III: miniatura|Lámina de Ranunculus steveni, do P. Merino.

Herbario Merino

Merino enviou á Universidade de Santiago unha gran cantidade de material para a creación dun herbario didáctico coas liñas taxonómicas máis relevantes de Galicia.Gallaecia Fvlget: (1495-1995) : cinco séculos de historia universitariaEl patrimonio histórico de la Universidad de Santiago de Compostela Coñécese como Herbario Merino o herbario que Merino recolleu nas súas investigacións. Actualmente está diseminado por diversas institucións, conservándose a parte máis importante no Arboretum do Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán, onde se gardan máis de 10 000 pregos. Outra parte importante encóntrase no Departamento de Botánica da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela constando de 2 028 pregos.

Taxons e abreviatura Dúas especies aínda detentan oficialmente a denominación binomial e a descrición outorgada por Merino: a lamiácea (anxiosperma) Clinopodium menthifolium (1906) a polipodial (pteridófita) Homophyllum blechnoides (1898) = syn. Struthiopteris spicant var. spicant

Como engadido, ata 21 especies, subespecies, cruces e variedades se nomearon no seu honor ("=" significa que a imaxe corresponde ó taxon, "~" a un parataxon e ">" a un hipertaxon):

A abreviatura Merino emprégase para indicar a Baltasar Merino como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

Publicacións Resumen de las observaciones meteorológicas en el colegio de La Guardia (1881-1890). Cuaderno Primero. Madrid, Imprenta de Rafael Marco y Viñas, 1891, 75 pxs. Observatorio meteorológico del Colegio de la Compañía de Jesús en La Guardia. Cuaderno Tercero. Tui, Tipografía Gallega, 1894, 133 páx. Observatorio meteorológico del Colegio de la Compañía de Jesús en La Guardia. Cuaderno Cuarto. Tui, Tipografía Regional, 1897, 355 páx. Estudio sobre las borrascas en la costa occidental de Galicia. Tipografía Gallega. Tui, 1893, 65 pxs. Algunas plantas raras que crecen espontáneamente en las cercanías de La Guardia (Pontevedra). Ed. Tuy. 34 pxs., 1895. Contribución á la flora de Galicia. La vegetación espontánea y la temperatura en la cuenca del Miño. Ed. Tuy. 1897, un tomo e catro suplementos posteriores nos anos 1898, 1899, 1901 e 1904. Viajes de herborización por Galicia. Revista Razón y Fé, publicación mensual redactada polos Padres da Compañía de Xesús. Tres artigos: Ano 1, tomo 1, setembro-decembro 1901; setembro 1902; marzo 1903. Reeditada en formato facsímile en 1987 por Ediciós do Castro. Flora descriptiva é ilustrada de Galicia, editada entre 1905 e 1909, en tres tomos. Tipografía Galaica. SantiagoTomo I. FANERÓGAMAS. Polipétalas. (1905); Tomo II. FANERÓGAMAS. Monopétalas. Estamíneas (1906); Tomo III. FANERÓGAMAS. Monocotiledones. Policiotiledones. GRIPTÓGAMAS VASCULARES (Suplemento) (1909).. Reeditada en formato facsímile por La Voz de Galicia en 1980. Adiciones a la flora de Galicia, editada en 1917.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Botánica Compañía de Xesús

Ligazóns externas Baltasar Merino no IPNI , dixitalización dos tres volumes do libro na Biblioteca Dixital do Real Xardín Botánico de Madrid e outras das súas obras Algo sobre las relaciones de Pau con el P. Merino, S. J.

Imaxes do Herbario de Baltasar Merino no Museo de Historia Natural Luis Iglesias da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Botánicos de Galicia Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Nados en Lerma Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1917 Categoría:Xesuítas de España Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público