Robert Fullarton, coñecido como Bob Fullarton, nado en 1950 no estado de Wisconsin, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,08 metros foi un dos xogadores máis destacados do baloncesto español da década de 1970.
Traxectoria Bob Fullarton comezou a xogar ao baloncesto condicionado pola súa estatura, tendo ademais boas calidades físicas e técnicas para iso, polo que acabou xogando na NCAA para a Universidade de Xavier (Cincinatti). Tras pasar catro anos no baloncesto universitario entro no Draft da NBA, onde foi elixido polos Buffalo Braves (hoxe Los Angeles Clippers), con todo non chegou a debutar co equipo na NBA.
Sen equipo Fullarton falou co seu axente de ir a xogar a Europa, recibindo dúas ofertas, unha do Pineda e outra do La Casera de Lugo. Tras xogar dúas temporadas co La Casera, asina co equipo rival da cidade, o Breogán, co xogou dúas temporadas na elite do baloncesto estatal, chegando a ser o máximo anotador na temporada 1975-76 con 30,3 puntos por encontro (968 en total, a marca máis alta da historia da liga). Tras cinco anos en Lugo, e co descenso do equipo á Segunda División Fullarton marchou ao Bàsquet Manresa, onde chegou a ser subcampión da Copa do Rei. Retirado do baloncesto, foi homenaxeado tanto en Lugo como en Manresa.
Equipos border|20px Universidade de Xavier (1969–1973) 20px|border La Casera Lugo (1973–1975) 20px|border Breogán Lugo (1975–1977) 20px|border Bàsquet Manresa (1977–1981)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com Artigo sobre Fullarton, "O ídolo de dúas cidades"
Categoría:Xogadores do Club Baloncesto La Casera Lugo Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Nados en 1950