Kenneth Anthony Green, nado en Eustis Florida) o 11 de outubro de 1964, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense formado na universidade de Rhode Island. Cunha altura de 2,03 metros xogaba na posición de ala-pivote. Está considerado un dos mellores "matadores" da historia da ACB.
Traxectoria
En 2008 estaba hoxe arruinado e atrapado en Qatar, onde adestraba un equipo de Doha dende 2005. Ese ano a súa nai enfermou de cancro, tendo que pedir un préstamo de 153.000 dólares para o seu tratamento, suma que non puido devolver, o que o pode levar á cadea. Para facer fronte á débeda tivo que vender a súa casa de Florida, a baixo prezo debido á crise inmobiliaria deses anos. Finalmente a súa nai faleceu, e fixéronse campañas dende as cidades onde xogou (en especial Vitoria) e de excompañeiros (como Jorge Garbajosa) para axudalo economicamente. Clubs Rapid City Thrillers (CBA, 1990) Columbus Horizon (CBA, 1991) Efes Pilsen Istambul (TBL, 1991–1992) JDA Dijon (Nationale A1, 1992) Cáceres C.B. (ACB, 1992−1993) Banco Natwest Zaragoza (ACB, 1993−1994) Taugrés (ACB, 1994−1997) Ülker Istambul (TBL, 1997-1998) Covirán Sierra Nevada (ACB, 1998) Breogán Universidade (LEB / ACB, 1998–2000) Drac Inca (LEB, 2001-2002)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da ACB
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Florida Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores do Cáceres CB Categoría:Xogadores do CB Zaragoza Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do CB Granada Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán