Francisco Xavier Senín Fernández, nado en Pontecesures o 13 de maio de 1949, é un tradutor galego. A Real Academia Galega nomeouno académico correspondente en outubro de 2020. Ese mesmo ano recibiu o Premio Nacional á Obra dun Tradutor de mans do Ministerio de Cultura de España, o máximo galardón a nivel estatal.
Traxectoria É licenciado en Filoloxía Moderna na rama de lingua francesa, e ten a cátedra de bacharelato. Ocupou distintos cargos na Asociación de Tradutores Galegos desde a súa creación. Foi profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria para impartir cursos de lingua galega. Foi corrector lingüístico para a Editorial Galaxia entre 1985 e 1987, así como coordinador de libros de texto.
Foi director xeral do Libro da Xunta de Galicia durante a etapa do tripartito e máis tarde durante os distintos gobernos do Partido Popular. Na actualidade está xubilado, mais desempeñou o seu labor docente sobre todo como profesor de francés en Santiago de Compostela. Escribiu durante anos, con periodicidade semanal, unha columna para O Correo Galego. En 2010 foi, canda Manuel Bragado ou Marilar Aleixandre, un dos sete membros do comité de dirección do Congreso Internacional de IBBY celebrado en Santiago de CompostelaComposición do comité en ibbycompostela2010.org.
Obra miniatura|Os tradutores Xavier Senín (no centro) e Isabel Soto, xunto co editor Alejandro Tobar, durante a presentación da tradución de Locus Solus (Editorial Hugin e Munin) en Cambados.
Como tradutor, ten no seu haber numerosas traducións, principalmente do francés e o castelán para o galego. Por exemplo, os libros franceses A Clase de François Bégaudeau ou Mal de escola de Daniel Pennac ou Onde o aire non era brisa de María Victoria Moreno. Cómpre salientar que decote traduce conxuntamente con Isabel Soto.
Literatura infanto-xuvenil O galo Quirico, adaptación do autor, 2009, Galaxia. Novo amor en Arousa, 2009, Pío García Edicións. O soldadiño de chumbo, de Hans Christian Andersen, 2010, Galaxia. Adaptación do autor.
Traducións O que o vento nos conta de Waldemar Daae, de Hans Christian Andersen, 1983, Argos Vergara. Os zarramplíns, de Sergio Balestrini, 1983, Galaxia. ¡Adeus, boa viaxe!, de Marta Balaguer, 1984, Arcos Vergara. As babuchas enmeigadas, conto de As mil e unha noites, adaptado por Francesc Boada, 1984, Galaxia. Contos de cores, de Joles Sennell, 1984, Argos Vergara. Os dentes do león, de Mercé Company, 1984, Argos Vergara. O globo, de J. J. Guillén, 1984, Argos Vergara. Guillermo Tell: lenda suíza, adaptado por M. Ángels Gardella, 1984, Galaxia. Hil-Lady, de Ricardo Alcántara, 1984, Argos Vergara. A oca de ouro, dos irmáns Grimm, 1984, Galaxia. Pandolfi na grande cidade, de Francesc d'Assis Sales, 1984, Argos Vergara. A raiña dos peixes, de Gérard de Nerval, 1984, Argos Vergara. A serpe branca, dos irmáns Grimm, 1984, Galaxia. Unha tarde no mar, de Joaquim Ruyra, 1984, Argos Vergara. Os tres pretendentes, de Fernán Caballero, 1984, Galaxia. A viaxe de Ruteazul, de Laura Medina, 1984, Galaxia. O xigante-máis-alto xoga á pelota, de Joma, 1984, Argos Vergara. O dragón das catro cabezas, de Antoniorrobles, 1985, Galaxia. Segredos de abanos, de Joan Manuel Gisbert, 1985, Argos Vergara. A traxedia de Romeo e Xulieta, segundo a obra de William Shakespeare, versión de José Luis Gímenez Frontín, 1985, Argos. As ratas na escola, de M. Dolors Alibés i Riera, 1986, Galaxia. As aventuras de Roi e Martiño, de Antonio Cuadrench, 1987, Galaxia. O explorador e a mona, de Pako Sagarzazu, 1987, Galaxia. A ovella negra, de Roser Capdevila, 1991, Galaxia. Polgariño, dos irmáns Grimm, 1991, Galaxia. O anel perdido, un xogo divertido, de Enrique Páez, 1992, Bruño. A infancia de Martiño Piñeiro, de Juan Farias, 1992, Bruño. Os robots, de Suzanne Martel, 1995, Bruño. Crónicas de media tarde, de Juan Farias, 1997, Everest Galicia. Ismael, que foi mariñeiro, de Juan Farias, 2000, Everest Galicia. Os perfectos, de Rodrigo Muñoz Avia, 2007, Rodeira. Angelica, de Lygia Bojunga Nunes, 2008, S. M. Tres rosas de Madame d'Aulnoy, 2009, Novelúa. Relatos de monstros, Steven Zorna, 2012, Vicens Vives. Pescador de Islandia, de Pierre Loti, 2014, Hugin e Munin. Contos do luns, de Alphonse Daudet, 2014, BIVIR. No ceo, de Octave Mirbeau, 2015, Hugin e Munin. Unha desolación, de Yasmina Reza, 2016, Hugin e Munin. As damas verdes, de George Sand, 2016, Hugin e Munin. Ourika, de Claire de Duras, 2019, Hugin e Munin. De libros e viaxes. Dous contos francesesConformado por dous relatos: "Bibliomanía" ("Bibliomanie", 1837) de Flaubert e "De viaxe" ("En voyage", 1882) de Maupassant. Dep. Legal: C 1819-2019., de Gustave Flaubert e Guy de Maupassant, 2019, Novelúa. O home das bonecas, de Jean-Louis Renaud, 2020, Hugin e Munin. Thérèse Desqueyroux, de François Mauriac, 2021, Hugin e Munin. As gratitudes, de Delphine de Vigan, 2023, Hugin e Munin.
Traducións en colaboración Loureses: antropoloxía dunha parroquia galega, de Manuel Mandianes Castro, 1984, Galaxia. Con Antón Figueroa Lorenzana. O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes, 1990, Xuntanza. Con Valentín Arias, Xela Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez e Xesús Senín. O tolo da ría, de Juan Farias, 2005, Luis Vives. Con Isabel Soto. Algúns nenos, tres cans e máis cousas, de Juan Farias, 2006, Planeta. Con Isabel Soto. A Odisea contada aos nenos, de Rosa Navarro Durán, 2007, Rodeira. Con Isabel Soto. A clase, de François Bégaudeau, 2008, Xerais. Con Isabel Soto. Galego á beira do mar, de Juan Farias, 2008, KalandrakaFicha na web da editorial.. Con Isabel Soto. A fabulosa lenda do Rei Artur, de Jordi Sierra i Fabra, 2008, Rodeira. Con Isabel Soto. Mal de escola, de Daniel Pennac, 2008, Xerais. Con Isabel Soto. O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro, 2009, Alberto Uderzo, Salvat. Con Valentín Arias e Isabel Soto. Como caeu Obélix na marmita do druída cando era cativo, Albert Uderzo, 2009. Salvat. Con Isabel Soto. Locus Solus, de Raymond Roussel, 2012, Hugin e Munin. Con Isabel Soto. Astérix e os pictos, de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2013, Xerais. Con Isabel Soto. A Eva futura, de Auguste Villiers de L'Isle-Adam, 2014, Hugin e Munin. Con Isabel Soto. Astérix e os godos, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Isabel Soto Astérix gladiador, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Isabel Soto. O papiro do César, de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2015, Xerais. Con Isabel Soto. A volta á Galia de Astérix, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2016, Xerais. Con Isabel Soto. Astérix en Italia, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2017, Xerais. Con Isabel Soto.Ficha da obra na páxina da editorial. A peste, de Albert Camus, 2018, Hugin e Munin. Con Isabel Soto. A filla de Vercinxetórix, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2019, Xerais. Con Isabel Soto e Alejandro Tobar. Astérix e os normandos, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2020, Xerais. Con Isabel Soto e Alejandro Tobar. O Menhir de Ouro, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2020, Xerais. Con Isabel Soto e Alejandro Tobar. Astérix nos xogos olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2021, Xerais. Con Isabel Soto e Alejandro Tobar. Astérix e o grifón, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2021, Xerais. Con Isabel Soto e Alejandro Tobar. Astérix lexionario, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2022, Xerais. Con Isabel Soto e Alejandro Tobar.
Edicións Queixumes dos pinos e outros poemas, de Eduardo Pondal, 1985, Galaxia.
Outras obras 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Asociación Cultural Xermolos (VV.AA.) O alfaiate portugués, 2016, Editorial Galaxia. María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, 2018, Edicións Xerais, con Isabel Soto.
Premios Premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores de 2008 á tradución A odisea contada aos nenosInforme de Literatura 2008 no CIRP, páxina 1535. Extracto da recensión de Paula Fdez. “Desde A Odisea”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 231, “Infantil/Xuvenil”, 10 xaneiro 2008, p. VII.. Premio Fervenzas literarias ao mellor libro traducido de Literatura infantil e xuvenil de 2015, por O papiro do César. Premio Nacional á Obra dun Tradutor en 2020
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Galegos.info Senín en LG3
Senín Senín, Xavier Categoría:Nados en 1949 Categoría:Tradutores do francés Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega