é a designación provisional dun obxecto aínda sen confirmar que foi visto orbitando Saturno dentro da parte máis interior do anel F o 21 de xuño do 2004. Foi detectado cando J. N. Spitale estaba tratando de confirmar outro obxecto provisional, que fóra detectado 5 horas antes, xusto na parte exterior do anel F.Martinez, C.; Ormrod, G.; and Finn, H.; Cassini-Huygens Press Releases: Cassini Discovers Ring and One, Possibly Two, Objects at Saturn September 9, 2004 O anuncio foi feito o 9 de setembro do 2004.IAUC 8401: S/2004 S 3, S/2004 S 4, and R/2004 S 1 September 9, 2004 (descubrimento)

A pesar das tentativas por 'recuperalo', non se puido volvelo ver. E máis, unha secuencia de 'recuperación' dun período orbital completo feita o 15 de novembro do 2004 cunha resolución de 4 kms, non foi capaz de 'recuperar' este obxecto. Isto suxire que puido ser unha compactación temporal de material que xa se disipara cando se fixo a secuencia de recuperación.

Un interpretación suxire a posibilidade de que S3 e S4 son ou foron un único obxecto que cruzaría o anel F. Este obxecto tamén podería estar orbitando cunha inclinación lixeiramente diferente respecto do anel F, co cal non atravesaría o anel de material, a pesar de que foi visto tanto no interior coma no exterior deste anel.

Despois de todo, se é un obxecto sólido, podería ter un diámetro (baseándose no seu brillo) de 3−5 kms.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Saturno

Categoría:Lúas de Saturno