Edoardo Sanguineti, nado en Xénova o 9 de decembro de 1930 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 2010 foi un poeta, crítico literario e profesor italiano.

Traxectoria Durante os anos 1960, Sanguineti foi un dos líderes do movemento Gruppo 63, fundado nese mesmo ano de 1963. Ademais dos seus traballos de poesía, tamén traduciu numerosas obras, incluíndo traballos de James Joyce, Molière, William Shakespeare ou Bertolt Brecht. Entre 1979 e 1983, foi membro da Cámara dos Deputados do Parlamento de Italia, como independente dentro das listas do Partido Comunista Italiano.

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista co autor

Categoría:Poetas de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de Italia Categoría:Nados en Xénova Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2010